Ciclo - 7.ª Dramaturxias itinerantes. Porto, 19 de novembro e Vigo, 20 de novembro de 2024

7.ª Dramaturxias itinerantes

Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes Ciclo

7.ª Dramaturxias itinerantes

A MÁQUINA DO POBO de Iria Pinheiro
SUGAR DADDY de Luísa Pinto

Porto, 19 de novembro e Vigo, 20 de novembro de 2024
Porto - Vigo
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes

7.ª Dramaturxias itinerantes

A MÁQUINA DO POBO de Iria Pinheiro
SUGAR DADDY de Luísa Pinto

Porto, 19 de novembro e Vigo, 20 de novembro de 2024 Porto - Vigo
Unha nova edición das Dramaturxias/Dramaturgias Itinerantes terá lugar en novembro e achegaranos dous novos textos dramáticos e dúas novas dramaturgas á nosa xa importante selección de mulleres escritoras de teatro de Portugal e Galicia; nesta ocasión, a autora lusa Luísa Pinto, con Sugar Daddy, e a galega Iria Pinheiro, con A máquina do pobo. Traballamos con ilusión e ambición para volver alcanzar o noso obxectivo de facer visibles materiais textuais escritos por mulleres dos dous lados da raia; queremos poñer á disposición do público novos textos para representar, para ler, para compartir e mesmo para transformar.
E de transformación ben saben as profesoras e o alumnado da ESAD de Galicia e da ESMAE do Porto, as dúas institucións educativas que participan no proxecto e que, como cada ano, van dar vida á palabra escrita das nosas autoras, nun proceso en que o texto muda en acción física e vocal, acercando inda máis as nosas autoras ao público do Porto e de Vigo, que ano tras ano asiste ás lecturas dramatizadas e ás conversas coas autoras protagonistas de cada edición. Mais o procedemento para dar a coñecer a autoría feminina lusa e galega non remata na lectura, senón que chega ata aquí, ata a publicación en liña dos textos, para fortalecer a súa visibilización e facilitárllelos a todas as persoas interesadas na escrita dramática e no teatro. Así mesmo, podemos acceder aos textos das dramaturgas galegas e portuguesas que participaron no proxecto en anteriores edicións: Patrícia Portela e AveLina Pérez, Ana Carreira e Joana Craveiro, Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu, Rita Pinheiro e Laura Porto, Esther Carrodeguas e Cecília Ferreira, e Paula Carballeira e Sofia Santos Silva.
Cada ano empeñámonos en procurar os puntos en común, as converxencias, das nosas autoras e neste foi ben doado topalas no tratamento das persoas/dos personaxes, a partir das voces que nos falan das relacións —tanto laborais como persoais— que se establecen desde o poder e nas que os corpos están suxeitos a un tratamento comercial, secuestrados e reducidos a obxectos de intercambio, subliñando a deshumanización que sofren baixo as ditas dinámicas de poder. Son temáticas de extrema actualidade que no texto de Luísa Pinto, Sugar Daddy, se fan visibles nunha parella e na súa relación “sugar”, mentres que A máquina do pobo, a peza de Iria Pinheiro, aposta por un percorrido emocional e social do ciclo operativo dunha fábrica a partir das voces das operarias. Nas dúas pezas as autoras estannos a falar de comercio, de traballo, de poder, desde unha perspectiva social, política, que nos axuda a comprender un pouco máis os tempos que nos toca vivir.
Finalmente, non queremos deixar de constatar a excelente alianza entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões, a ESMAE do Porto e a ESAD de Galicia, que fai posible que este proxecto sexa realidade ano tras ano.
Ficha técnica 
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes
7.ª Dramaturxias itinerantes
A MÁQUINA DO POBO de Iria Pinheiro
SUGAR DADDY de Luísa Pinto
Cando
Porto, 19 de novembro e Vigo, 20 de novembro de 2024
Onde
Porto - Vigo
Lugar

Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo
Rua da Alegria, 503
4000-045 Porto
https://www.esmae.ipp.pt/

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Rúa da Poza Cabalo, 1
36212 Vigo
https://esadgalicia.com/

Organiza
Camões-Centro Cultural Português en Vigo
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo
Xunta de Galicia