O Consello da Cultura Galega adapta en formato podcast “La Lindona de Galicia”, unha comedia moi representada no Século de Ouro.
Na véspera do Día Mundial do Teatro, o Consello da Cultura Galega (CCG) presenta “A Lindona de Galicia”, un proxecto que explica e ficciona en cinco episodios sonoros unha obra que foi moi representada durante dous séculos. O texto é unha comedia de enredo protagonizada por unha brava muller que fala en lingua galega e que se afasta dos arquetipos da época. A adaptación en formato podcast desta peza foi dirixida por Tito Asorey, quen tamén a protagoniza xunto con Melania Cruz, Sergio Zearreta e Josito Porto. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o coordinador do proxecto, Manuel Gago; e o director da adaptación, Tito Asorey, presentaron esta ficción que comeza a emitirse hoxe acompañada dunha serie de artigos contextualizadores.
Especial
A Lindona de Galicia
Ficción sonora da comedia do Século de Ouro
Serie audiovisual. 22 de marzo de 2021consellodacultura.gal
Especial
A Lindona de Galicia
Ficción sonora da comedia do Século de Ouro
Serie audiovisual. 22 de marzo de 2021consellodacultura.gal