Encontro - De cor e de voz: poesía fotosintética . 24 de abril de 2025

De cor e de voz: poesía fotosintética

Encontro

De cor e de voz: poesía fotosintética

24 de abril de 2025
Santiago de Compostela
Encontro

De cor e de voz: poesía fotosintética

24 de abril de 2025 Santiago de Compostela
Diálogo entre a poeta Nuria Vil (Nuria Vilán Prado) e o científico José Luis Garrido arredor dos elementos comúns entre o proceso da escrita e o da investigación. En escena intercalaranse poemas recitados con descricións do proceso de pescuda que actualmente se desenvolve no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo sobre pigmentos fotosintéticos de organismos mariños . Dentro da actividade proporase ao público unha dinámica de creación poética colectiva a partir de conceptos científicos.

NURIA VIL
Nuria Vilán Prado, máis coñecida como Nuria Vil no escénico. Resitadora, correctora editorial e comunicadora. O seu traballo artístico envolve a palabra falada e a poesía escénica con distintas disciplinas. Simún (Chan da Pólvora, 2021, 2022) é o seu primeiro e único poemario escrito publicado. Vén de estrear Delincuente, unha curtametraxe dirixida por Alba Domínguez co arquivo en Super-8 de Manoel da Costa, baseada no seu poema homónimo e inédito arredor da historia obreira de Vigo. A súa obra aparece en numerosas antoloxías.

JOSE LUIS GARRIDO
Investigador científico do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas. Cando era pequeno, os Reis Magos trouxéronlle un xogo de química e desde entón non parou. Despois de rematar a carreira, ingresou no CSIC como Asistente de Investigación e pasou por tódolos graos técnicos ata chegar a investigador científico. O seu traballo de investigación céntrase no estudo do fitoplancto. Especialmente interesado no aparello fotosintético das microalgas, desenvolveu métodos que levaron ao descubrimento de varios pigmentos novos, dos que caracterizou a súa estrutura molecular, estudou o seu papel nos procesos de fotocaptura e fotoaclimatación e estableceu o seu carácter de biomarcador. É un entusiasta lector de poesía.
Ficha técnica 
Encontro
De cor e de voz: poesía fotosintética
Cando
24 de abril de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello Superior de Investigacións Científicas