Mesa redonda - O teatro galego na diáspora: o caso da Arxentina (1900-2025). 2 de xuño de 2025

O teatro galego na diáspora: o caso da Arxentina (1900-2025)

Mesa redonda

O teatro galego na diáspora: o caso da Arxentina (1900-2025)

2 de xuño de 2025
Santiago de Compostela
Mesa redonda

O teatro galego na diáspora: o caso da Arxentina (1900-2025)

2 de xuño de 2025 Santiago de Compostela
Entre 2023 e 2024, o monólogo teatral Galego converteuse nun inesperado éxito de público en Bos Aires, que foi alén dos ámbitos da colectividade inmigrante galega. Retomábase así unha tradición que comezara xa no abrente do século XX, cando a intensificación da corrente migratoria galega cara á Arxentina, como tamén aconteceu en Cuba e noutros países, deu lugar á conformación dunha esfera pública, dun tecido societario e dun espazo para a recreación das solidariedades étnicas e locais. Parte fundamental diso foron as festas e celebracións da colectividade galega, nas que o teatro, tanto en galego como en castelán, xerado en Galicia pero tamén na propia comunidade inmigrante, ocupou axiña un lugar sobranceiro. Anos despois, os exiliados galegos engadiron novas inquedanzas e temáticas a unha tradición preexistente; e tamén a segunda e a terceira xeración xuntaron novos matices e achegas a esa tradición. Esta mesa redonda, con participantes de diversos ámbitos académicos e do propio mundo teatral galaico-arxentino, proponse reflexionar sobre un dos fenómenos máis rechamantes da cultura galega na diáspora.
Ficha técnica 
Mesa redonda
O teatro galego na diáspora: o caso da Arxentina (1900-2025)
Cando
2 de xuño de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Relator/a
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Inma López Silva
Xosé M. Núñez Seixas
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Arquivo da Emigración Galega. Fondo Tacholas