Concerto - Nenas e nenos cantan a Castelao. 6 de xuño de 2025 ás 18:00 horas

Nenas e nenos cantan a Castelao

No bico un cantar

Nenas e nenos cantan a Castelao

6 de xuño de 2025 ás 18:00 horas
Rianxo
Concerto
No bico un cantar

Nenas e nenos cantan a Castelao

6 de xuño de 2025 ás 18:00 horas Rianxo
O certame musical No bico un cantar é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia que se celebra no abrente do verán dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia. O desexo de poñer música á tradición literaria galega para divulgala entre o alumnado dos conservatorios e centros de ensino musical de toda Galicia está na orixe deste evento, que é algo máis que un concerto. Trátase dunha xornada de convivencia de nenas e nenos de toda Galicia que, dende o ensaio da mañá ata o concerto da tarde, gozan do lugar de acollida e da vivencia dunha paixón compartida: a música.

No bico un cantar chega en 2025 á súa novena edición presencial e será a vila de Rianxo a que nos acolla para celebrarmos a Afonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo do 75 aniversario do seu pasamento. Farémolo o 6 de xuño de 2025 ás 18:00 horas en Rianxo, a vila onde naceu en 1886, non lonxe da casa familiar que o converteu en veciño doutros autores ilustres como Rafael Dieste e Manuel Antonio.
Ficha técnica 
Concerto
No bico un cantar
Nenas e nenos cantan a Castelao
Cando
6 de xuño de 2025 ás 18:00 horas
Onde
Rianxo
Lugar

Praza de Rafael Dieste
15920, Rianxo