Exposición - Olladas #EMPC. Olladas #INSITU. O Vello Cárcere, Lugo do 19 de xuño ao 22 de xullo de 2025

Olladas #EMPC. Olladas #INSITU

Olladas EMPC - Olladas INSITU Exposición

Olladas #EMPC. Olladas #INSITU

O Vello Cárcere, Lugo do 19 de xuño ao 22 de xullo de 2025
Lugo
Exposición
Olladas EMPC - Olladas INSITU

Olladas #EMPC. Olladas #INSITU

O Vello Cárcere, Lugo do 19 de xuño ao 22 de xullo de 2025 Lugo
A exposición "Olladas #EMPC. Olladas #INSITU", organizada polo Consello da Cultura e comisariada por Rebeca Blanco-Rotea e Rosa Benavides García, inaugúrase o xoves 19 de xuño marzo no Vello Cárcere de Lugo​. A mostra poderá visitarse até o 22 de xullo de 2025.

Ao longo das primeiras dúas décadas do século XXI as actividades habituais do Consello da Cultura Galega foron adquirindo novas formas e enfoques, froito dun cambio nas olladas e nos intereses da sociedade galega cara á cultura e, especialmente, ao patrimonio. Ás encomendas que como máximo órgano consultivo dos poderes públicos da comunidade autónoma eran xa habituais comezaron a sumarse iniciativas doutros axentes do eido patrimonial e da sociedade civil. Galicia mostraba unha actividade diversa, transversal e dinámica, tamén innovadora, arredor do patrimonio cultural.

Era necesario poñer en valor esta actividade a través da difusión mais tamén socializar a través da discusión e da participación.

Nesta dinámica nacen, en novembro de 2015, os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC), unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega na perspectiva de xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento sobre diferentes proxectos patrimoniais desenvolvidos en Galicia e no norte de Portugal, que non daban chegado a un público amplo por diferentes motivos. Os encontros acolleron calquera persoa que se quixese achegar a este espazo, profesionais da xestión do patrimonio ou da cultura e da investigación ou calquera axente social que tivese interese polo patrimonio e o debate arredor del. Ao longo dos 42 EMPC participaron un total de 183 convidados e convidadas e asistiron presencialmente preto de dúas mil persoas.

Os EMPC permitiron facer unha viaxe e ter unha visión de diferentes proxectos que contaban con moi distintos enfoques e que apenas son unha mostra, mais unha rica mostra, da potencialidade do patrimonio na construción de nós mesmos e da nosa identidade. Esta exposición quere ser unha homenaxe a todo o esforzo colectivo desenvolvido dende as institucións, as academias, os axentes culturais, o tecido empresarial, as asociacións culturais ou a cidadanía por coñecer, acrecentar, visibilizar e transmitir o patrimonio como expoñente da nosa cultura. Esta é só unha escolma de 15 dos 42 encontros realizados entre novembro de 2015 e novembro de 2023.

Convite
Máis información
Esta exposición comezou a súa andaina o 16/11/2023
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición
Olladas EMPC - Olladas INSITU
Olladas #EMPC. Olladas #INSITU
Cando
O Vello Cárcere, Lugo do 19 de xuño ao 22 de xullo de 2025
Onde
Lugo
Comisariado
Rosa Benavides García
Rebeca Blanco Rotea
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)