Especial - Afonso X e Galicia. Martes, 21 de xaneiro de 2021

Afonso X e Galicia

Especial

Afonso X e Galicia

O monarca que de tanto mirar as estrelas se esqueceu da terra

Martes, 21 de xaneiro de 2021
consellodacultura.gal
Especial

Afonso X e Galicia

O monarca que de tanto mirar as estrelas se esqueceu da terra

consellodacultura.gal

Especial Afonso X e Galicia

No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do nacemento de Afonso X (Toledo, 23 de novembro de 1221-Sevilla, 4 de abril de 1284), rei de Castela, León e Galicia (1252-1284). Coincidindo coa efeméride, o Consello da Cultura Galega presenta a exposición Afonso X e Galicia. A relación do Rei Sabio con Galicia está longamente documentada, xa sexa desde a súa infancia, xa con respecto aos contenciosos que mantivo co cabido compostelán ou no relativo ás súas relacións literarias e persoais con trobadores galegos da súa época. O monarca escolleu a lingua galega para a redacción das Cantigas de Santa María, un dos monumentos medievais máis importantes da lingua e da cultura galegas, así como da literatura e da música medievais europeas. A obra científica, xurídica, histórica e cultural afonsina foi clave para a estratexia internacional do seu proxecto político, o denominado fecho del Imperio, e para a súa relación co papado. Os testemuños literarios do corpus mariano afonsino referidos a Galicia e á peregrinaxe compostelá son un documento inescusable para coñecer o pasado medieval galego, para a súa historia e para a súa cultura.
 
Especial
Afonso X e Galicia
O monarca que de tanto mirar as estrelas se esqueceu da terra
Data de publicación
Martes, 21 de xaneiro de 2021
Onde
consellodacultura.gal