Artes escénicas - Unha zanqueira no Festiletras. Domingo, 24 de agosto de 2024

Unha zanqueira no Festiletras

Festiletras Artes escénicas

Unha zanqueira no Festiletras

Domingo, 24 de agosto de 2024
Aldea do Couto
Artes escénicas
Festiletras

Unha zanqueira no Festiletras

Domingo, 24 de agosto de 2024 Aldea do Couto
A colaboración que anualmente establece o Consello da Cultura Galega coa Fundación Pondal para a realización do Festiletras leva nesta edición de 2025 unha zanqueira ás corredoiras da Aldea do Couto en Ponteceso. Será o domingo, 24 de agosto, entre as 17 e as 19 horas, cando no marco da programación do Festiletras orientado á animación de rúa, a artista Vanessa Rivas percorrerá as ruelas cos seus grandes zancos ao xeito das aves que habitan o esteiro do Anllóns.

Vanessa Rivas (A Coruña, 1980) é zanqueira, actriz, educadora social e contadora de historias. Empezou a súa formación artística no ano 2002 con figuras de renome internacional en lugares como Estudis de Teatre de Barcelona ou La Bont´s International Clown School de Ibiza. Posúe estudos superiores de solfexo e piano e actualmente canta na agrupación vocal O Coro da Rá. A través da súa compañía RimaVane desenvolve proxectos de carácter social, mesturando as disciplinas artísticas coa súa experiencia como educadora. Desde o ano 2004 traballa como guionista e intérprete coa Compañía Trinketrinke, facendo teatro para a animación á lectura (labor pola que acadou varios premios a nivel estatal). É membro fundadora da Asociación Cultural Manicómicos, que presidiu durante catro anos.


Máis información en www.festiletras.gal
Ficha técnica 
Artes escénicas
Festiletras
Unha zanqueira no Festiletras
Cando
Domingo, 24 de agosto de 2024
Onde
Aldea do Couto
Lugar

Aldea do Couto
Ponteceso

Participante
Vanessa Rivas
Organiza
Fundación Pondal
Colabora
Consello da Cultura Galega