Simposio - XXII simposio O libro e a lectura. 18 de setembro de 2025

XXII simposio O libro e a lectura

CCG. Acolle | Simposio

XXII simposio O libro e a lectura

18 de setembro de 2025
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Simposio

XXII simposio O libro e a lectura

18 de setembro de 2025 Santiago de Compostela
A biblioteca do Consello da Cultura Galega acollerá o xoves 18 de setembro de 2025, en sesión de mañá, o XXII simposio O libro e a lectura, organizado pola Asociación Galega de Editoras coa colaboración co Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, e que nesta edición ten como temática a distribución do libro galego.

Este acto profesional de análise dos mercados e modelos de distribución do libro galego, será nun encontro dirixido principalmente a persoal das editoriais e das distribuidoras, mais aberto ao público até completar a capacidade da sala.

Neste encontro profesional analizarase a evolución da distribución do libro nos últimos anos, os distintos modelos, as liñas de apoio á exportación do libro e os casos de éxito de editoras con distribución noutros mercados.

Logo da inauguración, prevista para as 10:00 horas, ás 10:30 horas terá lugar a mesa redonda "A evolución da distribución do libro nos últimos anos. Modelos sostibles de distribución", coa participación de Patricia Portabales, directora comercial en Arnoia; Belén López, directora do Consorcio Editorial Galego; Juan Manuel Martínez, director xeral de FANDE e Cielo Fernández, presidenta da Federación de Librarías de Galicia. Na seguinte mesa, prevista para as 12:30 horas, analizaranse as "Liñas de apoio á distribución e á exportación do libro", a cargo de Eva Mª. Pulido Rodríguez, directora adxunta de Industrias Creativas no ICEX e Laura Mª. González-Dopeso, subdirectora de Internacionalización do IGAPE.

Finalmente, ás 13:00 horas, na mesa "Editoras con modelos de distribución noutros mercados. Casos de éxito" achegarán a súa experiencia a editora Mónica González, directora xerente de Narcea, e Xosé Ballesteros, director xeral de Kalandraka.

O peche e conclusións está previsto para as 14:00 horas.

Debido á capacidade limitada da biblioteca é necesario inscribirse no correo: s.tecnica@editorasgalegas.gal
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Simposio
XXII simposio O libro e a lectura
Cando
18 de setembro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202