Ciclo - 7º Ciclo de Cinema Galego-Portugués. 3 e 4 de outubro de 2025

7º Ciclo de Cinema Galego-Portugués

Mulleres, Patrimonio, Sociedade Ciclo

7º Ciclo de Cinema Galego-Portugués

3 e 4 de outubro de 2025
Ponte de Lima
Ciclo
Mulleres, Patrimonio, Sociedade

7º Ciclo de Cinema Galego-Portugués

3 e 4 de outubro de 2025 Ponte de Lima
Este ciclo de cinema galego-portugués ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e Portugal. A primeira edición realizouse en Braga (Portugal) en maio de 2018; a segunda tivo lugar en Vigo (Galicia) en setembro de 2019; a terceira edición levouse a cabo en Arcos de Valdevez (Portugal) en outubro de 2021; a cuarta edición en Verín en outubro de 2022 centrouse no papel das mulleres no mundo da morte e da dor e tivo unha extensión do ciclo en Salvador de Bahia (Brasil) en novembro dese ano. A quinta edición desenvolveuse en novembro do ano seguinte en Guimarães irmandada co Congresso Internacional "Uncertain Landscapes. Beyond transdisciplinary approaches" organizado polo Lab2PT (UMinho),baixo o lema Paisaxes culturais, patrimonios femininos. En 2024 o lugar escollido foi Tui. E este 2025 Ponte de Lima vai ser o lugar de celebración da sétima edición.

Comisión coordinadora
Teresa Nieto Frelre (Consello da Cultura Galega)
Rebeca Blanco-Rotea (Consello da Cultura Galega, Lab2PT, Universidade do Minho)
Ana Estévez (Museo do Pobo Galego, Consello da Cultura Galega)
Noemí Basanta (Instituto da Fonsagrada)
Alexandre Esteves (Lab2PT, UMinho)
Sara Traba (Directora de cine)
Ficha técnica 
Ciclo
Mulleres, Patrimonio, Sociedade
7º Ciclo de Cinema Galego-Portugués
Cando
3 e 4 de outubro de 2025
Onde
Ponte de Lima
Lugar

Teatro Diogo Fernandes
Rua Agostinho José Taveira, 66
Ponte de Lima