Memoria documental das sociedades da emigración galega
Documentación Societaria Custodiar, preservar e difundir a memoria da emigración galega son as finalidades principais do Arquivo da Emigración Galega. Un dos feitos máis salientables da colectividade galega no exterior foi a fundación de asociacións de moi diversa tipoloxía (asistenciais, instrutivas, culturais, mutualistas, recreativas etc.) nas que os e as emigrantes ademais de atopar axuda e protección mutua na súa vida cotiá tamén conseguiron manter viva a cultura e os costumes da nosa terra nos países onde se asentaron, creando espazos de sociabilidade propios. A colectividade galega creou entidades para manter viva a lembranza do terruño e enviar remesas coas que contribuír ao desenvolvemento da nosa terra.Neste proxecto o AEG pon a disposición das persoas interesadas os fondos xerados por estas institucións que ao longo dos anos se foron recompilando para a súa preservación e difusión. Libros de actas, regulamentos, correspondencia, memorias sociais, libros de contabilidade ... estarán na nosa web para a súa consulta.
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Sociedad de instrucción y protección «Progreso de Lanzós»
A Habana, 1 de abril de 1913. Continúa a existir na actualidade.
Xoves, 25 de setembro de 2025consellodacultura.gal
Especial
Sociedad de instrucción y protección «Progreso de Lanzós»
A Habana, 1 de abril de 1913. Continúa a existir na actualidade.
consellodacultura.galCentrada no progreso da súa terra natal, entre as melloras que financia pódese citar o peche e acondicionamento en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa parroquial, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade dos e das veciñas de Lanzós. Ao ano seguinte, organiza unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós. Nese tempo crea unha delegación, o Consejo de Instrucción, integrada por socios retornados e algúns veciños destacados que se encargan de buscar un lugar acaído para a construción da casa-escola proxectada dende A Habana. En 1920 foi inaugurado un magnífico edificio, coñecido co nome da entidade habaneira e que aínda hoxe continúa a funcionar como centro sociocultural da vila. No planta baixa estaba situada a escola con dúas aulas nas que se impartía ensino primario para os nenos e nenas da comarca. No primeiro andar estaban a vivenda do mestre e un gran salón de actos que servía de lugar de reunión do Sindicato Agrario de Lanzós. Anos máis tarde o sindicato recibiu axuda económica da entidade habaneira para construír o seu propio edificio social. Ademais, en 1917 envía varias doazóns para axudar na construción doutra escola no lugar de Lameirós, na parroquia veciña de Santa María de Tardade, a casa-escola de Tardade e Distriz.
No seu afán de promover o desenvolvemento económico da súa terra natal colaborou economicamente na construción das estradas de Ferreira e Ramil. En 1923 aparecen noticias na prensa anunciando a axuda económica de “Progreso de Lanzós” na compra dunha granxa agrícola co fin de impartir novos métodos agrícolas para modernizar a agricultura da comarca.
A chegada da República e os seus cambios lexislativos en materia educativa, a crise económica que estaba a padecer Cuba e o descenso do número de socios, levan a que a directiva social aprobe a petición do concello de Vilalba para alugar a primeira planta do seu edificio social, coa condición expresa de que se mantivese o seu uso como centro educativo. Isto provocou numerosas disensións coa delegación e mesmo cos veciños da parroquia reflectidas nunha abundante correspondencia.
Nos anos 40 esta asociación, como a maioría das creadas alén mar, deixa de lado o seu labor a prol da instrución na terra natal e céntrase na protección e axuda mutua dos e das socias e na organización de actividades recreativas. Pasa así a denominarse «Progreso de Lanzós. Sociedad de Beneficencia y Protección».
Hoxe en día continúa a súa andaina na defensa e protección dos seus asociados na medida das súas posibilidades, formando parte da «Agrupación de Sociedades Municipales y Parroquiales de Galicia en la Habana».
Documentación da SOCIEDAD DE INSTRUCCIÓN Y PROTECCIÓN “PROGRESO DE LANZÓS” que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega:
ACTA de FUNDACIÓN da sociedade (A Habana, 13 de abril de 1913).
LIBROS DE ACTAS que recollen as reunións das XUNTAS DIRECTIVAS nos seguintes períodos:
Libro número 1, do 1 de maio de 1913 ata o 29 de outubro de 1937.
Libro número 2, do 30 de novembro de 1937 ata o 27 de decembro de 1956.
Libro número 3, do 29 de xaneiro de 1957 ata o 24 de febreiro de 1965.
Libro número 4, do 20 de marzo de 1965 ata o 20 de maio de 1981.
Outros documentos relativos ao funcionamento da DIRECTIVA:
Informes de secretaría sobre as actividades societarias de 1926 ata 1934.
Certificados que acreditan a presidencia da entidade de Antonio Tenreiro Piñeiro (1932-1933).
Candidatura oficial para as eleccións dunha nova directiva para o ano social 1936-37.
Diploma do nomeamento como Tesoureiro de Honra a nome de Antonio Tenreiro Roca (1959).
Recibo de inscrición da sociedade “Progreso de Lanzós” no Centro Galego da Habana (1970).
LIBROS DE ACTAS que recollen as reunións das XUNTAS XERAIS DE SOCIOS no seguinte período:
Libro do 13 de abril de 1913 ata o 9 de setembro de 1964.
LIBRO DE ACTAS que recolle as reunións da SECCIÓN DE PROPAGANDA:
Libro do 1 de setembro de 1914 ata o 13 de marzo de 1926.
REGULAMENTO polos que se rexe a sociedade:
Regulamento xeral aprobado o 3 de maio de 1934.
REXISTRO DE SOCIOS:
Libro Rexistro de Socios número 1, de 1913 ata 1955.
Libro Rexistro de Socios de 1965-1984.
Listado de socios de 1927.
Recibo acreditativo do pago da cota social (1970).
DOCUMENTACIÓN SOBRE O PANTEÓN SOCIAL:
Libro Rexistro do Panteón da sociedade no Cemiterio Colón da Habana (1927-1960).
Regulamento que rexe o uso do Panteón social (1927).
Certificado de acreditación dun asociado para o uso do Panteón (1929).
DOCUMENTACIÓN de CONTABILIDADE:
Libro de Caixa número 1, de 1913 ata 1933.
Libro de Caixa de 1965 ata 1975.
Informes de Contabilidade (1927-1937).
Recibo do pago do alugueiro dun inquilino nunha casa propiedade da sociedade (1934).
Informe económico da Delegación da entidade en Lanzós (1930).
Informe económico da Delegación de Lanzós (1932).
CORRESPONDENCIA:
Cartas recibidas (1923-1937).
Cartas enviadas (1927-1937).
DOCUMENTACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES DA ENTIDADE HABANEIRA EN GALICIA:
ACCIÓN EDUCATIVA:
Actas das reunións do Consello de Instrución de Lanzós (delegación da sociedade habaneira) (1927-1930).
Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós (1929).
Balance de caixa do Consello de Instrución de Lanzós (1929).
Certificado que acredita os poderes que ten o apoderado da sociedade habaneira en Lanzós (1929).
Acta de constitución do Consello de Instrución na que se recolle unha relación dos seus integrantes (1930).
Poder notarial para o apoderado da entidade (copia) (1930).
Poder notarial para o apoderado da entidade (copia) (1932).
Inventario do mobiliario e apeiros do edificio social “Progreso de Lanzós” en Vilalba (1927).
Inventario do mobiliario e apeiros da casa-escola de Lanzós (1929).
Contrato laboral do mestre da escola de Lanzós (1930).
Recibí asinado polo mestre da escola de Lanzós polo pago do seu salario (1932).
Presuposto para realizar arranxos na escola de Lanzós (1932).
Expediente enviado polos veciños de Montecelo solicitando axuda económica a “Progreso de Lanzós” da Habana para construír unha escola (1930).
Documentación referida ao alugueiro do edificio de “Progreso de Lanzós” para establecer unha escola nacional (1928-1930).
Contrato do alugueiro do local social da entidade en Lanzós (1933).
CAMPO DE SAN PEDRO:
Listado dos contribuíntes á subscrición promovida pola entidade para o arranxo do Campo de San Pedro (1914).
ESTRADA DE RAMIL:
Correspondencia cos veciños de Lanzós (1931-1936).
PUBLICACIÓNS:
Folleto Mensaje a nuestros hermanos los emigrados, en homenaxe a entidade habaneira (1957). Autor: José Burgo Otero (orixinal e dixital).
Sociedad de instrucción y protección «Progreso de Lanzós»
A Habana, 1 de abril de 1913. Continúa a existir na actualidade.
Xoves, 25 de setembro de 2025 consellodacultura.galSociedad de instrucción y protección «Progreso de Lanzós»
A Habana, 1 de abril de 1913. Continúa a existir na actualidade.
Xoves, 25 de setembro de 2025 consellodacultura.galSolicita a túa inscrición
Sociedad de instrucción y protección «Progreso de Lanzós»
A Habana, 1 de abril de 1913. Continúa a existir na actualidade.
Especial. Xoves, 25 de setembro de 2025Ligazóns
Prensa
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Sociedad de instrucción y protección «Progreso de Lanzós»
A Habana, 1 de abril de 1913. Continúa a existir na actualidade.
Data de publicación
Xoves, 25 de setembro de 2025Onde
consellodacultura.galAutoría

Arquivo da Emigración Galega (CCG)


