Simposio - V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos. 15-17 de outubro de 2025

V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

Simposio

V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

Dende o Miño ao Mississippi: Pontes e confluencias

15-17 de outubro de 2025
Davenport, Iowa
Simposio

V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

Dende o Miño ao Mississippi: Pontes e confluencias

15-17 de outubro de 2025 Davenport, Iowa
O Consello da Cultura Galega colabora coa organización do "V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos", que se realiza en Davenport (Iowa) os días 15-17 de outubro de 2025. O simposio, que nesta edición leva por título "Dende o Miño ao Mississippi: Pontes e confluencias", inclúe un amplo programa de presentacións, relatorios, conferencias e proxeccións audiovisuais.

Neste evento reflexionarase sobre diversas temáticas relacionadas coa literatura e cultura galegas contemporáneas: a sexualidade e o xénero, a diáspora galega, o mar e o mundo mariñeiro, novas leituras da narrativa de Emilia Pardo Bazán, o espazo rural, o medioambiente ou novos achegamentos á obra de Vicente Risco, entre moitas outras.

Pechará o simposio o relatorio “Pontes abandonadas: para unha xenealoxía dos estudos galegos nos EE.UU.” de Álex Alonso Nogueira, Brooklyn College, CUNY.
Ficha técnica 
Simposio
V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos
Dende o Miño ao Mississippi: Pontes e confluencias
Cando
15-17 de outubro de 2025
Onde
Davenport, Iowa
Lugar

St. Ambrose University
Higgins Hall 133
Davenport, Iowa