Encontro - Cultura na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. 29 de outubro de 2025

Cultura na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

CCG. Acolle | Encontro

Cultura na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

29 de outubro de 2025
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Encontro

Cultura na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

29 de outubro de 2025 Santiago de Compostela
O día 31 de outubro de 1991, na cidade do Porto, asinouse entre a Xunta de Galicia e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-NORTE) o Protocolo Constitutivo da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal. Este acto histórico marcou o nacemento da primeira estrutura de cooperación territorial na fronteira entre España e Portugal, constituíndo un fito de enorme relevancia para a articulación política, institucional e social entre dous territorios unidos por unha identidade compartida, por desafíos comúns e por unha vontade firme de construír o futuro conxuntamente.

Para conmemorar a institucionalización do “Día da Eurorrexión”, a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, AECT, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a CCDR-NORTE convidan ao evento “CULTURA NA EURORREXIÓN GALICIA – NORTE DE PORTUGAL”, que terá lugar o día 29 de outubro, ás 10:30 horas, no Salón de actos do Consello da Cultura Galega.

Prégase confirmación de asistencia no formulario de inscrición habilitado nesta páxina.
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Encontro
Cultura na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal
Cando
29 de outubro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Participante
Rosario Álvarez Blanco
Severino Álvarez Monteserín
Rocío Castro
António Cunha
Jesús Gamallo Ayer
Sara Gimeno
Sergio Guimarães de Sousa
Covadonga Rodríguez del Corral
Diana Teixeira
Ivone Teixeira
Manuel Villa Iglesias
Ramón Villares