Coloquio - COLOQUIO GALEGO DE MUSEOS LOCAIS. 14 e 15 de novembro de 2025

COLOQUIO GALEGO DE MUSEOS LOCAIS

Coloquio

COLOQUIO GALEGO DE MUSEOS LOCAIS

O futuro dos museos en comunidades en cambio constante

14 e 15 de novembro de 2025
Santiago de Compostela
Coloquio

COLOQUIO GALEGO DE MUSEOS LOCAIS

O futuro dos museos en comunidades en cambio constante

14 e 15 de novembro de 2025 Santiago de Compostela

O Museo do Pobo Galego creou hai vinte anos o Instituto de Estudos das Identidades (IEI), departamento dedicado á recollida, análise e espallamento de materiais da nosa cultura e tradición, e con motivo deste aniversario acordou organizar, coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o Consello Galego de Museos, un encontro sobre museoloxía titulado O futuro dos museos e coleccións visitables en comunidades en cambio constante, centrado nos moitos museos, coleccións e espazos museísticos locais estendidos por toda Galicia.

A Comisión encargada da organización estableceu a duración do encontro en dúas xornadas, os días 14 e 15 de novembro, e a súa sede será o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. A nosa intención é proporcionar un lugar e tempo de encontro entre persoas vinculadas a entidades destas características nos que poidan manifestar a súa situación, problemática e perspectivas de futuro, poñendo en común as posibles sinerxías.

As xornadas comprenderán tres tipos de actividades: relatorios, mesas redondas con participación de representantes de museos locais, e tamén unha presentación de actividades do IEI, especialmente o labor do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), que consideramos de interese particular para as entidades convocadas. Despois de cada sesión haberá tempo para o debate e, finalmente, elaboraranse unhas conclusións xerais que serán dadas a coñecer publicamente.
Programa
Ficha técnica 
Coloquio
COLOQUIO GALEGO DE MUSEOS LOCAIS
O futuro dos museos en comunidades en cambio constante
Cando
14 e 15 de novembro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Museo do Pobo Galego
San Domingos de Bonaval, s/n
15703 Santiago de Compostela

Participante
Aurelia Balseiro
Fátima Braña Rey
Xosé Manuel González Reboredo
Xerardo Pereiro Pérez
Celina Pinto
Jose Carlos Sierra
Organiza
Museo do Pobo Galego
Colabora
Consello da Cultura Galega
Consello Galego de Museos

Imaxe da portada: Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea. Salvaterra de Miño Fotografía: Xesús G. Devesa