A pandeireta galega Exposición
A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral
Capela de Santa María, Lugo, do 3 de decembro de 2025 a 7 de xaneiro de 2026Lugo
Exposición
A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral
Capela de Santa María, Lugo, do 3 de decembro de 2025 a 7 de xaneiro de 2026 LugoEn liña coa celebración da poesía popular oral no ano das Letras Galegas, propoñémonos achegarlle ao público o labor de mestres artesáns, músicos e estudosos do seu instrumento máis representativo, a pandeireta, unhas xornadas-exposición valiosas como recurso pedagóxico que fomentan e proxectan esta parte do patrimonio sonoro galego, contribuíndo, por outra parte, con documentos históricos e de nova creación aos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia, para que, ao igual que se fixera coas gravacións de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, as poña á disposición da sociedade.
A pandeireta galega é un testemuño vivo da memoria cultural de Galicia, conservala significa respectar as raíces, os xestos e os sons que acompañaron xeracións. Con todo, a tradición só se mantén forte cando dialoga co presente. Innovar en materiais, técnicas e formas de interpretación non implica romper co herdado, senón darlle novas posibilidades de futuro. Neste equilibrio entre respecto polo ancestral e apertura ao contemporáneo reside a verdadeira riqueza.
A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral
Capela de Santa María, Lugo, do 3 de decembro de 2025 a 7 de xaneiro de 2026 Lugo 16.30 horas
PRESENTACIÓN
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo
Luciano Pérez Díaz e Suso Vaamonde Manteiga, comisarios da exposición.
16.45 horas
SESIÓN DE RELATORIOS
O INSTRUMENTO HOXE.
Método e novas técnicas de interpretación, uso e enfoque dos toques tradicionais.
Impartido por Suso Vaamonde.
Amosaranse os primeiros estudos acústicos do instrumento, que pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia e presentarase o método “Nova técnica de pandeireta galega”.
A TRANSMISIÓN DOS COÑECEMENTOS
- Arquetipos e técnicas constructivas.
Impartido por Xosé Maceda
- O caso das Pandeireteira de Rois.
Impartido por Mercedes Autrán
A ilusión inculcada a unhas nenas hai corenta anos por unhas avoas cantareiras e unha mestra implicada.
As gravacións orixinais que serán doadas aos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia.
19.00 horas
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN

LUGAR
Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
27004 Lugo
Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
27004 Lugo
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal