Concerto - Himno Galego. 20 de decembro de 2025

Himno Galego

Concerto

Himno Galego

108 Anos. 1907-2025

20 de decembro de 2025
Ponteceso
Concerto

Himno Galego

108 Anos. 1907-2025

20 de decembro de 2025 Ponteceso
O Consello da Cultura Galega colabora coa Fundación Eduardo Pondal na conmemoración do aniversario e efeméride da primeira interpretación pública do Himno Galego, o 20 de decembro de 1907 na Habana.

Con este motivo, o 18 de decembro ás 11:00 horas terá lugar unha conferencia de Manuel Ferreiro no Instituto Eduardo Pondal e o propio día 20 de decembro, coincidindo coa data do aniversario, a Fundación Eduardo Pondal convida ás 18:00 horas na casa do escritor en Ponteceso a todos os organismos públicos, entidades culturais e sociais, axentes culturais, e a toda a cidadanía para interpretar e recitar o Himno en lugares emblemáticos de cidades, vilas, pobos e aldeas.

Con esta invitación á súa interpretación o vindeiro sábado convídase tamén a festexar a identidade cultural e musical, reivindicando o valor do Himno como elemento de cohesión colectiva.
Ficha técnica 
Concerto
Himno Galego
108 Anos. 1907-2025
Cando
20 de decembro de 2025
Onde
Ponteceso
Lugar

Fundación Eduardo Pondal
Couto, 62
15110 Ponteceso

Organiza
Fundación Eduardo Pondal
Fundación Eduardo Pondal
Colabora
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega