Obradoiro - Un lenzo branco. 27 de marzo e 10 de abril de 2026

Un lenzo branco

Emigrantas: emerxer do silencio Obradoiro

Un lenzo branco

27 de marzo e 10 de abril de 2026
A Coruña
Obradoiro
Emigrantas: emerxer do silencio

Un lenzo branco

27 de marzo e 10 de abril de 2026 A Coruña
Como parte das actividades complementarias da mostra do Consello da Cultura Galega «Emigrantas: emerxer do silencio», proponse o desenvolvemento do obradoiro «Un lenzo branco. Tecermos en colectivo a memoria das mulleres da emigración», unha actividade que permite afondar nos contidos e enfoque da exposición dun xeito participativo e vivencial, navegando entre o persoal e o colectivo e convidando á replicabilidade noutros contextos.

O nome fai alusión á instalación coa que abre a mostra, un lenzo branco sobre o que se convida a imaxinar a proxección de Por que marchamos?, unha peza documental hoxe desaparecida realizada pola cineasta galega na diáspora Cruz Risco, e o Grupo 4, en 1977. Nela, as súas creadoras preguntábanse polo proceso migratorio das mulleres galegas; isto mesmo é o que se procura con estes elementos. «Un lenzo branco» alude tamén aos traballos de coidados desenvolvidos polas mulleres atravesadas pola emigración («as que marcharon e as que ficaron»), así como á capacidade da sociedade civil para reescribir novos relatos deste tema, axenciando ese espazo aínda cheo de silencios e darlle formas significativas para as vidas, aquí e agora.

Este obradoiro está deseñado por Rexenerando S. Coop., unha cooperativa galega fundada en 2014 que traballa arredor da igualdade, participación social e mediación cultural. A persoa que impartirá o obradoiro é Olga Romasanta, historiadora da arte especializada en facilitación de grupos. Desenvolveu diferentes proxectos de activación de memorias subalternizadas, como os roteiros «Ferrol Rebelde. Cen anos de historia obreira» (Concello de Ferrol) e «A Coruña Desviada. Cen anos de memoria de disidencias sexuais» (Deputación da Coruña); os proxectos de memoria comunitaria «Memoria dun século» (Concello de Cabanas) e «Bergondo en feminino» (Concello de Bergondo); e a coordinación da dimensión participativa no Proxecto PALCOS (INCIPIT); entre outros.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (25 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Kiosco Alfonso
Xardíns de Méndez Núñez, 3
15003 A Coruña
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Programa
Un lenzo branco
Programa en PDF
Máis información
Esta exposición comezou a súa andaina o 11/3/2026
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Obradoiro
Emigrantas: emerxer do silencio
Un lenzo branco
Cando
27 de marzo e 10 de abril de 2026
Onde
A Coruña
Lugar

Kiosco Alfonso
Xardíns de Méndez Núñez, 3
15003 A Coruña

Coordinación
Rexenerando
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Concello da Coruña
Xunta de Galicia