Especial - HIJAS DE GALICIA. SOCIEDAD DE ASISTENCIA SANITARIA Y PROTECCIÓN A LA MUJER Y AL NIÑO. Xoves, 26 de marzo de 2026

HIJAS DE GALICIA. SOCIEDAD DE ASISTENCIA SANITARIA Y PROTECCIÓN A LA MUJER Y AL NIÑO

Memoria documental das sociedades da emigración galega

HIJAS DE GALICIA. SOCIEDAD DE ASISTENCIA SANITARIA Y PROTECCIÓN A LA MUJER Y AL NIÑO

A Habana, 18 de xaneiro de 1917 - 1960

Xoves, 26 de marzo de 2026
consellodacultura.gal
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega

HIJAS DE GALICIA. SOCIEDAD DE ASISTENCIA SANITARIA Y PROTECCIÓN A LA MUJER Y AL NIÑO

A Habana, 18 de xaneiro de 1917 - 1960

consellodacultura.gal

Nas primeiras décadas do século XX a chegada de milleiros de emigrantes galegas a Cuba preocupaba ás autoridades e a colectividade. En épocas anteriores a grande maioría das galegas que chegaban a illa viaxaban coa súa familia. As poucas expectativas de futuro na Galicia de principios de século e a demanda dunha burguesía enriquecida que solicitaba un servizo doméstico branco como sinal de ostentación, provoca unha emigración crecente de mulleres galegas solteiras cara a Cuba. Mulleres que tiñan traballo como serventas, cociñeiras, amas de cría, coidadoras de nenos ou na industria tabaqueira. Moitas delas atoparon un nicho económico no que progresar e independizarse; pero tamén tiñan lugar numerosos abusos e situacións de desprotección. Isto era tan habitual que dende a prensa solicitaban cambios lexislativos para amparar a estas mulleres: en El Eco de Galicia ou no Galicia aparecen artigos de autores como Roberto Blanco Torres ou Mercedes Vieito quen chegou a denominar esta emigración como «as caravanas da dor». Sen embargo, as sociedades galegas da illa amosaron unha posición de pasividade e desentendemento. O Centro Galego da Habana, a máis importante asociación galega tanto en número de asociados como en influencia, non contemplaba axudar as súas paisanas, chegando a non permitir que fosen socias de pleno dereito, agás como fillas ou esposas dos socios varóns. Iso implicaba que non podían ser atendidas no seu hospital de referencia “La Benéfica”. Moitas galegas enfermas, en situación de precariedade económica e de exclusión social, non recibían atención médica e vivían en condicións de total abandono.

O 16 de xuño de 1912 no salón de sesións do Centro Galego da Habana reuniuse un grupo de emigrantes naturais da provincia de Pontevedra para fundar unha asociación que chamaron “Solidaridad Pontevedresa. Asociación Provincial”. O apoio á educación e á cultura galega tanto na terra de orixe como entre a colectividade emigrada estaba nas súas finalidades. Este proxecto tivo escaso calado. Ante a situación de indefensión das nosas emigrantes, os seus asociados aproban nunha xuntanza do 11 de xaneiro de 1914, baixo a presidencia de Jesús Rodríguez Bautista, un convenio co "Sanatorio Cuba", para que alí fosen atendidas as súas asociadas.

En 1917, na Xunta Xeral do 18 de xaneiro, apróbase o cambio de nome da sociedade, a reforma dos Estatutos sociais e unha nova directiva. Nace así “Hijas de Galicia. Sociedad Sanitaria y de Auxilio Mutuo”. Como o seu nome indica o seu fin primordial será «proporcionar asistencia sanitaria, auxilio y amparo a la mujer y al niño, especialmente a las naturales de la Región Gallega. Concederá los mismos beneficios a las de otras regiones españolas y de diferente nacionalidad».

A primeira directiva foi presidida por Avelino Pérez Vilanova e todos os cargos directivos estaban ocupados por homes. Nas eleccións do 22 de decembro de 1919 as mulleres por fin entran a formar parte do goberno da entidade, ao estabelecerse no regulamento social que un dos vicepresidentes tiña que ser unha asociada. A primeira en ocupar este cargo foi Andrea López Chao , e como vogais foron elixidas Gloria Díaz, Isabel Queralto, María Teresa Queralto, Josefa del Río, María Monteirín, Catalina Miranda, Josefa Piedra e Carlota González.

Co paso do tempo a sociedade vai adquirindo maior notoriedade e aumenta o seu número de asociadas. En 1924 merca un hospital no barrio habaneiro de Luyanó como sanatorio materno-infantil para uso exclusivo da asociación que chamarán “Concepción Arenal” como homenaxe a unha das iconas da colectividade emigrada. A clínica foi ampliándose segundo as súas crecentes necesidades: chega a ter oito plantas, cinco salóns de cirurxía e dez salas de hospitalización, nas que se chegou a atender máis de 200 pacientes diarias. Contaba cun cadro médico de máis de 40 especialistas de renome en toda a illa. En 1937 constrúe no barrio de Miramar un Balneario para ofertar aos socios e socias baños de mar e descanso como medida terapéutica e que axiña se converteu nun dos espazos de lecer favoritos da colectividade e da clase media cubana. Para difundir as súas actividades e atraer máis asociados a sociedade publicou varias revistas como Fragancias (1931) e de 1938 ata 1960 o seu boletín mensual Cénit: revista dedicada a la mujer y al niño .

Hijas de Galicia foi unha das institucións máis relevantes e pioneiras da colectividade galega en Cuba e mesmo do asociacionismo galego no exterior. Ademais dos seus servizos sanitarios e sociais, tamén desenvolveu actividades culturais, deportivas e educativas e hai que destacar a súa relación co movemento sufraxista cubano e a súa participación nos diversos congresos nacionais feministas que se celebraron na Habana na primeira metade do século.

O triunfo da Revolución cubana marcou un profundo cambio social na illa e nas asociacións de galegos. En 1960 Hijas de Galicia era a máis grande sociedade mutualista de Cuba con máis de 60.000 asociados e asociadas. O seu hospital foi expropiado e pasou a chamarse “Hospital Materno Infantil Diez de Octubre” que hoxe en día segue a ser un referente sanitario na illa. Tamén foi nacionalizado o Balneario, que pasou a chamarse “Círculo Social José Luis Tasende” para uso da clase obreira.


Documentación da asociación «HIJAS DE GALICIA. SOCIEDAD DE ASISTENCIA SANITARIA Y PROTECCIÓN A LA MUJER Y AL NIÑO» que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega:

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/index.php/hijas-de-galicia-2

ACTA de FUNDACIÓN da sociedade «Solidaridad Pontevedresa» (A Habana, 16 de xuño de 1912)

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega-cdif/9/b/a/9bac8920c652d1197e1f32ce8ab42ca3b13f33f39b6fe35b90d2966e826cd2f9/CCG_em_CU_HGal_Acta_constitucion_Solidaridad_1912-06-12.pdf

ACTA de FUNDACIÓN da sociedade «Hijas de Galicia» (A Habana, 18 de xaneiro de 1917)

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega-cdif/d/f/8/df818c368bfdd65dac28d05a905b7a96dd83d8ec45c2bd4a9f7533b7f4ed09cb/CCG_em_CU_HGal_Acta_constitucion_HijasdeGalicia_1917-01-18.pdf

LIBRO DE ACTAS que recolle as reunións das ASEMBLEAS XERAIS DE SOCIOS no seguinte período:

  • Libro do 7 de setembro de 1932 ata o 10 de decembro de 1942

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/0/d/b/0dbb804fc6d93cfdd7a5611a3c35ba99740e1a60890befeedf43f7c74c7c103d/CCG_em_CU_HGal_Libro_Actas_XX_1912-38.pdf

ESTATUTOS e REGULAMENTOS:

  • Estatutos sociais de 1938

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/7/0/3/703bc07cdcd191de6aa4cab08286df2a2a29b652051599577f08099ca3b600c5/CCG_em_CU_HGal_Estatutos_1938.pdf

  • Estatutos sociais de 1944

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/c/e/6/ce6cc915ac1de42b9c6f56ee2dfebde897f6c3d873d0185ca0f6c32d48a03f50/CCG_em_CU_HGaL_Estatutos_1944.pdf

  • Regulamento da “Agrupación Renovación” para as eleccións, 1946 (incompleto)

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/8/d/7/8d7fdfab8f85025cb8637ca2d57d5f3c9724a11545bd3a5bf72e86015d72d438/CCG_em_CU_HGal_regulamento_Agrupacion-Renovacion_1946.pdf

  • Regulamento do Albergue, 1959 (incompleto)

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/d/d/8/dd80f79e76bcb2acf9a8a3811e413fcf71ffabe18b2d8e6b9b61b34c4f6cf572/CCG_em_CU_HGal_regulamento-Albergue_1959.pdf

MEMORIA do Sanatorio Concepción Arenal, 1927

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/7/1/e/71ee437b73aec52adea4769750cd7a8af78c024c59512a8f07d0b23b58a84266/CCG_em_CU_HGal_Memoria-sanatorio_1927.pdf

VARIOS DOCUMENTOS dos socios e socias:

  • Recibo pago da cota social, 1951

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/1/1/f/11fee3b7a514de814fea7bb644bc5ee7693437938e6d33345665b84d882231db/CCG_em_CU_HGal_recibo-cota-social_1951.pdf

  • Título honorífico de Constancia, 1944

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/5/3/6/536bcb638dd7485cac4dec7824d3848d134061cae54d2c9babe410738931d359/CCG_em_CU_HGal_T__tulo-constancia_1944.pdf

  • Carné de asociada, 1957

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/b/4/1/b414523dd17fd08fa3542d2e872fa95844f8e732bf67c145833326d4db9fe18e/CCG_em_CU_HGal_carne-societario_1957.pdf

  • Carné de asociada, 1957

ATOM: https://arquivo.consellodacultura.gal/uploads/r/arquivo-do-consello-da-cultura-galega/6/5/a/65a4d5af3275152b23d0964a2ff9a07dfeaf176684dd05d8411027c941320606/CCG_em_CU_HGal_carne-societario_ano1957.pdf

 
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega
HIJAS DE GALICIA. SOCIEDAD DE ASISTENCIA SANITARIA Y PROTECCIÓN A LA MUJER Y AL NIÑO
A Habana, 18 de xaneiro de 1917 - 1960
Data de publicación
Xoves, 26 de marzo de 2026
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)