Exposición - A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral. Ourense. 10 de abril a 8 de maio de 2026.

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

A pandeireta galega Exposición

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

Ourense. 10 de abril a 8 de maio de 2026.
Ourense
Exposición
A pandeireta galega

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

Ourense. 10 de abril a 8 de maio de 2026. Ourense
Un aro de madeira, pel natural e algunhas ferreñas foron suficientes para conquistar un espazo no grande universo dos instrumentos musicais. A súa tipoloxía podémola rastrexar desde tempos inmemoriais en diferentes culturas. En Galicia, mantivo sempre a súa característica forma circular, e así aparece reflectida na obra dos principais artistas nas últimas décadas do século XIX e primeiros anos do XX, que buscan a aproximación á cultura popular a través da paisaxe, as persoas e os costumes. A pesar da súa sinxeleza, acadou altas cotas de popularidade como instrumento de acompañamento nas mans de recoñecidas cantareiras. Hoxe, seguindo as pegadas desa tradición, xunto coa reinterpretación e a achega de novas músicas, o instrumento está acadando novos espazos dentro das actividades artísticas e culturais, tamén coa incorporación de mans masculinas.

En liña coa celebración da poesía popular oral no ano das Letras Galegas, propoñémonos achegarlle ao público o labor de profesionais na construcción e interpretación do seu instrumento máis representativo, a pandeireta, a través dunha exposición itinerante e unhas xornadas que a acompañan, como recurso pedagóxico que consideramos valioso para fomentar e proxectar esta parte do patrimonio sonoro galego; a iniciativa contribúe, por outra parte, con documentos históricos e de nova creación aos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia, para que, ao igual que se fixera coas gravacións de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, os poña á disposición da sociedade


A pandeireta galega é un testemuño vivo da memoria cultural de Galicia, conservala significa respectar as raíces, os xestos e os sons que acompañaron xeracións. Con todo, a tradición só se mantén forte cando dialoga co presente. Innovar en materiais, técnicas e formas de interpretación non implica romper co herdado, senón darlle novas posibilidades de futuro. Neste equilibrio entre respecto polo ancestral e apertura ao contemporáneo reside a verdadeira riqueza.
Prensa
Máis información
Esta exposición comezou a súa andaina o 3/12/2025
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición
A pandeireta galega
A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral
Cando
Ourense. 10 de abril a 8 de maio de 2026.
Onde
Ourense
Lugar

Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Rúa Emilia Pardo Bazán s/n
32004 Ourense