A disidencia sexual en Galicia entre o final da ditadura e a construción da democracia
Centro Sociocultural do Ensanche, Santiago de Compostela, do 4 ao 27 de xuño de 2026Santiago de Compostela
Esta exposición trata da historia e a memoria das persoas que transgrediron os mandatos normativos con respecto ao xénero e a sexualidade, hoxe LGBTIQ+, continúan a ser unha materia pendente que interesa á sociedade no seu conxunto. Aquelas que hai agora case medio século reivindicaron o dereito a ser, amarse e expresarse en liberdade construíron condicións de posibilidade das que hoxe desfrutamos todas, independentemente de se pertencemos ou non ao colectivo LGBTIQ+.
Neste percorrido, asomámonos pola xanela da memoria para coñecer a historia que non adoita saír nos libros, pero que deixou unha pegada que marcou e marca o camiño para sermos iguais. Esta viaxe sitúase nos anos inmediatamente posteriores á morte do ditador e chega ata os principios da década dos noventa. Pola xanela pódese ver desde o alto a diversidade dentro da diversidade, desde aquela que se organizou nos movementos de liberación homosexual, como a Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CCGG), e convocou a primeira manifestación ata a que se agochaba en parques, escenarios e bares de ambiente para sobrevivir. mesmo nos tempos máis difíciles.
LUGAR Centro Sociocultural do Ensanche
Rúa Frei Rosendo Salvado, 14/16
15701 Santiago de Compostela
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Exposición A disidencia sexual en Galicia Pegadas para un tempo novo A disidencia sexual en Galicia entre o final da ditadura e a construción da democracia
Cando
Centro Sociocultural do Ensanche, Santiago de Compostela, do 4 ao 27 de xuño de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar
Centro Sociocultural do Ensanche
Rúa Frei Rosendo Salvado, 14/16
15701 Santiago de Compostela