O 23 de agosto na Aldea do CoutoPonteceso
A colaboración que anualmente establece o Consello da Cultura Galega coa Fundación Pondal para a realización do Festiletras leva nesta edición de 2026 ao zanqueiro Koko Pataslongas á Aldea do Couto en Ponteceso.
Durante o domingo 23 de agosto a aldea recibirá a visita deste artista que gosta de pasear entre a xente, escoitar, ser escoitado, saír nas fotos e desfrutar das festas. No Festiletras gozará dende as alturas cos sotaques de cada unha das persoas que enchen a aldea do Couto en tan afamado encontro.