Encontro - Lecturas negras. Relatos feministas que espantan monstros. Mércores, 2 de decembro ás 18:30 horas

Lecturas negras. Relatos feministas que espantan monstros

Encontro

Lecturas negras. Relatos feministas que espantan monstros

Encontro colectivo de lecturas contra as violencias machistas

Mércores, 2 de decembro ás 18:30 horas
Santiago de Compostela
Encontro

Lecturas negras. Relatos feministas que espantan monstros

Encontro colectivo de lecturas contra as violencias machistas

Mércores, 2 de decembro ás 18:30 horas Santiago de Compostela
A literatura é unha ferramenta para comprender a realidade, cuestionar os discursos establecidos e dar visibilidade a experiencias que moitas veces permanecen silenciadas. A través das historias que lemos podemos achegarnos ás distintas manifestacións das violencias machistas, recoñecer as súas consecuencias e descubrir tamén relatos de resistencia, loita e transformación.

Na recta final da exposición “En negro contra as violencias” de Uqui Permui -que poderás visitar ata o 4 de decembro na sede institucional- e uns días despois da conmemoración do 25N, Día da Eliminación da Violencia contra as mulleres, queremos que o berro contra as violencias continúe a ocupar o espazo público.

Para iso propoñemos un encontro aberto á participación no que cada asistente escolla un libro, un poema, un fragmento literario ou mesmo un cómic que permita reflexionar sobre as violencias machistas, as súas manifestacións, as súas consecuencias e as formas de combatela.

Será unha oportunidade para descubrir libros, compartir miradas e construír un fondo colectivo de referencias literarias que nos axuden a pensar e combater as violencias machistas.

Desenvolvemento do acto

• Benvida
• Lecturas. Inicia a serie a deseñadora Uqui Permui cunha presentación do libro Sempre libres e vivas
• Conversa colectiva
• Peche

O acto contará cunha duración aproximada de 90 minutos.

Modera: Marga Tojo, xornalista, escritora e membro do CDIF do Consello da Cultura Galega

Como podo participar?

Para participar debes inscribirte no formulario que figura na parte superior desta páxina. Cada persoa poderá escoller un libro e seleccionar un fragmento, relato, poema ou pasaxe que considere especialmente significativo para abordar as violencias machistas.

As lecturas poderán proceder de diferentes xéneros e formatos literarios —novela, ensaio, poesía, narrativa, diarios, testemuños ou banda deseñada—, sen necesidade de que sexan obras especificamente feministas ou especializadas nesta temática.

Durante o encontro, disporás dun tempo breve para compartir a túa lectura e, se así o quixeses, explicar os motivos da súa elección. Tamén poderás ler textos que figuran na intervención “En negro contra as violencias” e que inclúen textos literarios e xornalísticos, ademais de frases que as distintas visitantes achegaron ao contido da exposición.

As intervencións darán paso a unha conversa colectiva na que se poderán establecer conexións entre os textos, identificar diferentes formas de violencia e reflexionar sobre as cuestións que suscitan. As obras seleccionadas e as referencias achegadas polas persoas participantes poderán incorporarse a unha recompilación colectiva de lecturas, que permita dar continuidade á iniciativa máis alá do propio encontro.

Se non che apetece, non tes por que ler ningún texto nin participar activamente na conversa posterior. A escoita é tamén unha forma de combater a violencia.

Queremos que a túa voz se sinta!
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Encontro
Lecturas negras. Relatos feministas que espantan monstros
Encontro colectivo de lecturas contra as violencias machistas
Cando
Mércores, 2 de decembro ás 18:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202