Presentación - «A Cociña Galega con Cunqueiro». Mércores, 25 de maio de 2011

«A Cociña Galega con Cunqueiro»

Presentación

«A Cociña Galega con Cunqueiro»

Mércores, 25 de maio de 2011
Presentación

«A Cociña Galega con Cunqueiro»

Mércores, 25 de maio de 2011

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coas asociacións de restaurantes de Galicia -Amigos da Cociña Galega, Comp&Go, Galicia Gourmand, Grupo Nove, Lareira, Club Rías Altas e Xantares- inicia en xuño a campaña A Cociña Galega con Cunqueiro.


O obxectivo é sinxelo pero ambicioso: levar os pratos máis queridos polo principal escritor gastronómico de Galicia de volta ás cociñas dos restaurantes, recuperando a rica tradición gastronómica galega e empregando aos establecementos como un privilexiado espazo de difusión cultural.


Os cociñeiros de Galicia, con diferentes estilos, tradicionais ou contemporáneos, homenaxean o escritor que dignificou a gastronomía de Galicia e lle deu carta de identidade no mundo, nun dos primeiros proxectos conxuntos da gastronomía galega: distribuír 10.000 exemplares dunha antoloxía literaria e gastronómica de Don Álvaro Cunqueiro entre os clientes dos restaurantes de Galicia.

Ficha técnica 
Presentación
«A Cociña Galega con Cunqueiro»
Cando
Mércores, 25 de maio de 2011
Lugar

LUGAR
Distintos restaurantes do país

Organiza
Ramón Villares
Participante
Carmen Pardo
Miguel Vila
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Amigos da Cociña Galega
Club Rías Altas
Comp&Go
Galicia Gourmand
Grupo Nove
Lareira
Xantares