Ediciós do Castro

----

TEMÁTICA: Laboratorio de Formas de Sargadelos
Ediciós do Castro

[entidade] Centro creativo e artístico promovido por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo.
Temos 2 epístola/s relacionada/s con Laboratorio de Formas de Sargadelos en Ediciós do Castro
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1977-04-10
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977 en 10/04/1977

Castro, 10, abril, 77



Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

O abogado que teño acó á miña beira (refírome en Sargadelos) fixo ese borrador pra os posibles Estatutos da Sociedade do Xornal. Por norma que fumos tomando das bastantes sociedades que fumos facendo, os facemos breves, desbotando todo innecesario se está inmodificablemente previsto na Lei. Ti verás. Chamareite. Isto conviña velo axiña pra facer rapidamente a próxima Xuntanza.
Van tamén uns estudios da editorial coma empresa económica. Me gustaría que vise isto Alfonso.
Vámonos a ver ou falar. Eu mañán volvo a Sargadelos. Lorenzo fica no Castro (telf. 620225).
Apertas tensas a todos

Isaac

1986-06-08
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986
Sargadelos - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 en 08/06/1986

Sargadelos, 8 de xuño de 1986


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo



Benquerido Valentín:

Seguín a túa doenza e vexo que vas pra adiante e non te arredas. Me felicito. Velahí vai o índice e o limiar do libro que lle imos facer a Núñez Búa, bótalle un ollo e indícame o que che pete. Sería ben que o libro levase unhas líneas túas, ben encabezándoo ou ben a modo de epílogo. Ti verás. Non quero ser teimoso nisto pois son consciente de que non se che pode agonear masis do que todos, todos, agoneámoste.
Ímonos ver axiña durante este mes en dúas ocasiós. Unha delas o 29 pra te festexar en Trasalba.
O libro de Núñez Búa non baixará de 350 páxinas en letra miuda. Nada máis. Adiante.
Apertas tensas a ti, a Pilar, a todos.

Isaac