Persoa: Delphine Sangu

Persoa: Delphine Sangu [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
2021-03-24
La Lindona de Galicia: unha traxectoria dramática entre a paixón amorosa e a tiranía
Ver [Texto nativo dixital]

Transcripción da La Lindona de Galicia: unha traxectoria dramática entre a paixón amorosa e a tiranía en 24/03/2021

Introdución
Lindona é a protagonista epónima do drama histórico La Lindona de Galicia, escrito nas primeiras décadas do século XVII por Andrés de Claramonte. Pon en escena a loita polo poder entre dous irmáns, Sancho e García, tras a morte do seu pai, o rei Fernando I de León e Castela, en 1065. De acordo co testamento deste, García recibe Galicia, onde reina de 1065 a 1071, ano en que os seus irmáns, Sancho e Afonso, se apoderan do reino e o reparten entre eles. Tras morte de Sancho en 1072, García recupera o reino, pero en 1073 o seu irmán Afonso, entón rei de León e Castela, méteo preso nun castelo ata a súa morte en 1090.

A materia histórica
Andrés de Claramonte reelabora a materia histórica respectando:

(i) As coordenadas espaciais e temporais xa que sitúa a acción dramática na Galicia medieval.
(ii) O núcleo temático, ou sexa, as relacións conflitivas entre os dous irmáns.

Porén, o dramaturgo introduce unha novidade que corresponde á integración da personaxe da Lindona na acción dramática. Na lista de personaxes, o dramaturgo atribúe a Lindona o estatuto de dama, personaxe feminina elaborada respecto ás convencións estéticas e éticas do decoro e caracterizada pola súa beleza, a súa mocidade e virtude moral. Nos dramas históricos, o acatamento da dama ás normas do decoro proponse a través dunha intriga dramática que mestura amor e poder. Neste marco, as normas éticas que rexen a traxectoria da dama son a castidade e a renuncia voluntaria ao poder político.

Lindona: unha traxectoria dramática transgresiva entre paixón amorosa e tiranía

A traxectoria dramática de Lindona constrúese por oposición ás normas que rexen a conduta da dama virtuosa. Lindona transgride os principios do decoro tanto a nivel amoroso como a nivel político.

Paixón amorosa
Lindona é a manceba de García, co que ten unha filla nacida fóra do matrimonio, o que provoca o desprezo dos nobres galegos.

No ha de ser Reina la que fue manceba del Rey, aunque Lindona es en Galicia la más rica y más noble.
(La Lindona de Galicia, Xornada primeira, vv. 407-409, p. 338)


Os nobres opóñense á voda de Lindona con García e amósanlle a García un retrato da infanta portuguesa dona Leonor. Seducido pola beleza de Leonor, García acepta casar con ela e, en sinal de promesa, coloca o retrato da infanta portuguesa na cadeira real. Ao enterarse de que García non casará con ela, Lindona enlouquece e invectiva o retrato da infanta portuguesa:

Eu la vosa mujer, dexay esas zumberías, advertid, que en demasías, mal sufrida vendré a ser.
(La Lindona de Galicia, Xornada primeira, vv. 556-559, pp. 341-342)


Na réplica de Lindona, o apóstrofe, a acumulación de imperativos, así como a ameaza que profesa contra Leonor, son indicios da súa ira. O furor de Lindona lévaa a botar a súa filla ao mar, converténdose nunha figura de Medea. A esta serie de actos transgresivos a nivel amoroso, corresponde unha serie de actos transgresivos a nivel político.

Tiranía política
Na esfera política, Lindona aparece como a aliada de García ao principio da intriga dramática e antes da súa ruptura amorosa. Na segunda xornada, García mándalles aos seus soldados que apresen a Lindona por matar a súa filla cando sae a escena o rei Sancho. Lindona aprovéitase da chegada de Sancho para pedir xustiza contra García:

Si de mias querellas queréis hacerme vengada dexay que preso le teña
en o meu castelo, a donde morte sin morrer padezca eterna.
(La Lindona de Galicia, Xornada primeira, vv. 749-753, p. 348)


Sancho acepta a petición de Lindona e delégalle o seu poder de render xustiza. Pero, en realidade, Lindona exerce a lei de xeito inxusto negándose a recoñecer o seu crime e acusando a García da morte da súa filla. Lindona combina vinganza amorosa e exercicio inxusto da lei. A continuación, Lindona encadea a García nunha torre sen luz, durante vinte anos. Cada día, un grupo de labregos galegos cántalle a seguinte canción, para recordar a súa desgraza:

Cantan dentro los Gallegos.
Esposo de Leonor, pídele favor, borrareis, o viello finele do Castello, de la Ribadulla tarde, mal è nunca.
(La Lindona de Galicia Jornada segunda, vv. 1335-1340, p. 368)


Conclusión
A traxectoria dramática de Lindona caracterízase pola paixón amorosa e o exercicio inxusto da lei, ou sexa, a tiranía. Deste xeito, Lindona inscríbese nunha liñaxe feminina subversiva, que conta con figuras emblemáticas como as encantadoras Medea e Circe. O matricidio que comete Lindona vincúlaa con Medea. A referencia á maga Circe vén explicada polo gracioso Mormojón, que compara o castelo de Lindona, oculto nas selvas galegas, cos “pazos de Medusa e Circe”:

Yo imagino que éstos son los palacios de Medusa
y de Circe.
(La Lindona de Galicia, Jornada segunda, vv. 1360-1362, p. 369)


Galicia aparece como un territorio xeográfico salvaxe, máxico, propicio a unha mitoloxía feminina transgresiva.

No marco da miña tese de doutoramento, realicei unha transcrición e o esquema métrico de La Lindona de Galicia. Ver Delphine Sangu, Thèse de doctorat : Savoir-être au féminin dans le drame historique en Espagne (1625-1680). Volume II. Annexes, Thèse soutenue le 13 Mai 2011. Université de Paris VIII Saint-Denis, 688 pages.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacFernández del Riego, FranciscoVarela Vázquez, LorenzoDieste, RafaelGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínHervella Nieto, EvelinaMaside, CarlosArias “Mimina”, CarmenLaxeiro, Picasso, PabloPiñeiro López, RamónCuadrado, ArturoCastelao, Scheimberg, SimónOtero Pedrayo, RamónDíaz, XoséColmeiro, ManuelGerstein, MarikaFalcini, LuísSofovich, BernardoBlanco Amor, EduardoLedo, XohánDónega, MarinoBurd, LipaAlberti, RafaelNúñez Búa, XoséGil Varela, ÁlvaroFole, ÁnxelMuñoz Manzano, CarmenValle-Inclán, Ramón MaríaZegrí, ArmandoLifschitz, RafaelBurd, EstherBaudizzone, LuísDíaz Arias de Castro, CamiloDíaz Dorado, DiegoTormo, ElenaMiró, JoanGoya, Francisco dePrada, RodolfoFrontini, NorbertoGerstein, NoemíNeira Vilas, XoséOtero Espasandín, XoséPalmás Casal, RicardoPayró, JulioCarballo Calero, Ricardo Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artes visuaisliteraturaespazos artísticosautores/asasuntos particularesmigraciónsemigraciónmedios de comunicaciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanepolíticaA nova Sargadelosprensa escritaartes escénicasGalería BoninohistoriaradioÁlbum de GaliciaFondos de Radio Nacional de España en Galiciapremios Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalcineFábrica de Porcelanas La MagdalenaExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973exilioExposición de Luís Seoane. Bonn. 1967Libro de TapasColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963axentes culturaismúsicaFardel d’eisiladoentrevistaBestiario, de A. GirriGalería Sargadelos de BarcelonaMulleresMartín FierroExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalHomaxe a un paxaroExposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967culturaEdiciós do CastroPremio PalanzaHomenaje a VeneciaExposición de Luis Seoane. Madrid. 1970Homenaje a la Torre de HérculesMulleres no Álbum de Galicia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0