Temática: escultura

Temática: escultura [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
1981-06-04
REPORTAJE SOBRE ESCULTURA E IMAGINIERIA
1988-08-05
ENTREVISTA A PILAR CORREDOIRA SOBRE ARTE
1988-11-03
ENTREVISTA A PEDRO ROMANO ROCHA Y UXIO ROMERO POSE SOBRE EL PORTICO DE LA GLORIA
2016-00-00
A Virxe Abrideira de Allariz
Ver Modelo 3D de sketchfab.com incrustado

Transcripción da A Virxe Abrideira de Allariz en 00/00/2016



Coñecemos a Virxe Abrideira a través da explicación da profesora Rocío Sánchez Ameijeiras.

A Virxe abrideira conservada no mosteiro das clarisas de Allariz (Ourense) pertence ao tipo coñecido como virxes abrideiras, Schreinmadonnen ou vierges ouvrantes, caracterizado pola súa singular estrutura: unha imaxe sedente da Virxe co Neno no colo funciona tamén a xeito de pequeno altar tripartito cando se abren os gonzos da súa fronte, que opera como porta e permite ver o seu interior, labrado con escenas relixiosas. As que recibiron maior atención pola parte dos estudosos son aquelas que aloxan no seu interior unha imaxe da Trindade, pero a de Allariz ofrece, en cambio, os gozos de María, que resumen as festas dedicadas á Virxe codificadas na liturxia cristiá occidental no século XIII.

A peza, de gran calidade artística, pasa por ser a máis antiga do tipo, que semella que xurdiu en Castela en tempos de Afonso X o Sabio, quen estimulou intensamente a devoción mariana, non só cos seus cantares á Virxe senón tamén con numerosas fundacións de igrexas dedicadas á Nai de Deus. De feito, é máis ca probable que a talla en marfil, que conserva aínda restos de policromía, fose regalada pola raíña Violante, xa viúva do Rei Sabio, a finais do século XIII, habida conta da súa documentada estreita relación coa fundación de Allariz e da lenda piadosa xurdida no seo da comunidade clarisa e recollida por Ambrosio de Morales no século XVI, que atribúe á peza unha orixe lendaria na que conflúen a relación coa casa real de Castela e o documentado uso de dedos infantís para o puído final das pezas ebúrneas: considérase realizada por un neto dos reis ?fillo de Sancho IV e María de Molina? que nacera mudo.

Este tipo de imaxes de devoción converten en realidade material metáforas asociadas á Nai de Deus recollidas na himnodia latina, nos cantares en lingua vernácula ou no rosario, pois a súa condición de abrideiras relaciónase co tópico de María como Porta do Ceo e o propio material con que foron feitas, o marfil, co versículo da ladaíña do rosario que a celebra como turris eburnea ?Torre de Marfil?. Recentemente, a súa particular configuración chamou a atención da crítica feminista e dos estudos sobre cultura visual. A primeira corrente entende estas figuras como un exemplo máis da «feminización» da divindade que se constata a finais da Idade Media. Os estudos sobre cultura visual, en cambio, interpretan a dicotomía exterior/interior no marco dun discurso sobre o corpo e a alma, xa que o proceso de abrir a imaxe levaba implícita a contemplación dos sentimentos máis íntimos de María; e analizan a estratexia abrideira en comparación con outros soportes de imaxes que a comparten: os códices, e, máis en concreto, os volumes da edición rica das Cantigas de Santa María, pois o primeiro deles ábrese cunha imaxe dos gozos de María e o segundo coa da Virxe como Porta do Ceo.

Hai que ter en conta que, tras o Concilio de Trento, as figuras das virxes abrideiras foron criticadas polas autoridades eclesiásticas, que as censuraron por irreverentes. O teólogo Jean Gerson dicía que non atopaba na súa abertura nin beleza nin devoción, e que podía ser causa de erro e impiedade. E, mesmo a pesar das reprobacións, a Contrarreforma non puido acabar co seu culto popular, aínda que se restrinxise máis ao ámbito privado. Eran especialmente veneradas para a protección das parturientes e a salvación espiritual de nenos nados mortos.

A Virxe abrideira de Allariz debemos apreciala non só como unha peza artística senlleira dentro da súa tipoloxía, senón tamén como obxecto que encerra un significado alén do iconográfico. Podemos interpretala como testemuño da súa época, que revela unha maneira de entender aquela sociedade en que a muller só era sublimable baixo a representación da Virxe María. A súa condición divina transforma o concepto de carnalidade, «dignificando» a natureza feminina.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacFernández del Riego, FranciscoVarela, LorenzoDieste, RafaelGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínHervella, EvelinaMaside, CarlosArias “Mimina”, CarmenLaxeiro, Picasso, PabloPiñeiro, RamónCuadrado, ArturoCastelao, Scheimberg, SimónOtero Pedrayo, RamónDíaz, XoséColmeiro, ManuelFalcini, LuísGerstein, MarikaSofovich, BernardoBlanco Amor, EduardoLedo, XohánDónega, MarinoBurd, LipaAlberti, RafaelNúñez Búa, XoséGil Varela, ÁlvaroFole, ÁnxelMuñoz Manzano, CarmenValle-Inclán, Ramón MaríaZegrí, ArmandoLifschitz, RafaelBurd, EstherBaudizzone, LuísDíaz Arias de Castro, CamiloDíaz Dorado, DiegoTormo, ElenaMiró, JoanGoya, Francisco dePrada, RodolfoFrontini, NorbertoGerstein, NoemíNeira Vilas, XoséOtero Espasandín, XoséPalmás, RicardoPayró, JulioCarballo Calero, Ricardo Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artes visuaisliteraturaespazos artísticosautores/asasuntos particularesmigraciónsemigraciónmedios de comunicaciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanepolíticaA nova Sargadelosprensa escritaartes escénicasGalería BoninohistoriaradioÁlbum de GaliciaFondos de Radio Nacional de España en Galiciapremios Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalcineFábrica de Porcelanas La MagdalenaExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973exilioExposición de Luís Seoane. Bonn. 1967Libro de TapasColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963axentes culturaismúsicaFardel d’eisiladoentrevistaBestiario, de A. GirriGalería Sargadelos de BarcelonaMulleresMartín FierroExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalHomaxe a un paxaroExposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967culturaEdiciós do CastroPremio PalanzaHomenaje a VeneciaExposición de Luis Seoane. Madrid. 1970Homenaje a la Torre de HérculesMulleres no Álbum de Galicia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0