Ay, Espiñeyra, Espiñeyra!

Antonio María de la Iglesia | 1840
Biografía

Contexto

O poema foi dado a coñecer por María Rosa Saurin de la Iglesia, quen llo atribuíu a Antonio de la Iglesia: cf. Antonio de la Iglesia (2005): Poesías. Edición, limiar e notas de M. R. Saurin de la Iglesia. A Coruña: Real Academia Galega, p. 38. Consérvase entre os fondos da Real Academia Galega (C 98/37).

Texto

Ay, Espiñeyra, Espiñeyra!

Ay Espiñeyra Espiñeyra

case t’olvidas de min

de quen te quere sen fin

á pesar dos da monteyra.

Nin unhas tristes mamorias

par’a probe tecelana!

vallame Santa Susana

que cheiño’stas de grorias.

Ja sey por quen m’olvidache

non penses que non’o sey

pro eu tamen che direy

q’ollos por rabo trocache.

Por q’he fea, non’o falo

que ja sey que non’a he

pró gardarche muita fe

es’he escusado pensalo.

Demo d’Antroido, pollino!

andas c’a tua cegueyra

as sobras do de Negreyra

d’un tolo salamanquino!

Estou vendo q’unha ves

descrobes’a marañada

e baich’a fujir baldada

do Coton a catro pes.

Com’a coja se lle meta

que lle andas con Ramon

metelle no corazon

ó rabo da sua moleta.

———

M[ar]zo 1840

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Real Academia Galega

n: [Fondo Irmáns de la Iglesia, Caixa 98-37]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto