A muller galega.

Estereotipos e crítica

A muller galega.

Estereotipos e crítica

Este especial nace coa intención de pór o foco en estudos que toman como obxecto de estudo mulleres en diferentes ámbitos de actividade social e cultural e que teñen como pano de fondo Galicia.

As imaxes, documentos de interese, rexistros sonoros e ligazóns web dan forma a un conxunto que vai desde 1880 ata 2025, e permiten facer un percorrido polos camiños andados ata a actualidade desde diferentes áreas de coñecemento e perspectivas de análise. Son máis numerosas as referencias antropolóxicas e etnográficas, pero tamén se recollen traballos realizados desde a historia, a socioloxía ou a filosofía. Unha parte das achegas están elaboradas desde olladas críticas, incluídas as feministas, outras dan conta da permanencia de lecturas estereotipadas sobre a cultura, a etnicidade, os sexos, as mulleres, as sexualidades, as clases ou os roles de xénero.

Fotobibliografía


Loitadoras


Agro, mar e mercado de traballo


Diagnoses, estados da cuestión


Etnicidade, nación


Folclore, tradición e patrimonio


Loitas sociais


Migracións


Saúde / dietética


Estudos


Estudosas e estudosos


Ligazóns


Créditos de A muller galega. Estereotipos e crítica
COORDINACIÓN, EDICIÓN E DOCUMENTACIÓN:
Mariám Mariño Costales (2019, 2024)

DOCUMENTACIÓN:
Anxos Sumai
Susana Guitar Novo

REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote

REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai

BASE DE DATOS
Kike Benlloch

ASESORAMENTO
Nieves Herrero Pérez
Luzia Oca González
Helena González Fernández

Videos


Saberes e sabores. As mulleres que alimentan a vida


Saberes e sabores. As mulleres que alimentan a vida, Consello da Cultura Galega, 2025

«Mulleres piratas»


Fonte: youtube [04/06/2019]

As mulleres co mundo na cabeza


“As mulleres co mundo na cabeza” é o título do documental, dirixido por Encarna Otero, no que se quere homenaxear a mulleres anónimas que non deixaron ningunha pegada nos rexistros oficiais e que sustentaron as súas familias cos materiais que transportaban na súa cabeza. Forma parte dun traballo de documentación dunha das áreas de traballo da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega (CCG) que pretende fixar o testemuño de traballadoras anónimas na creación dun arquivo de imaxe

A LUZ DO NEGRO. O volframio da Brea e o poboado do Fontao


Audiovisual producido polo Consello da Cultura Galega e dirixido por Encarna Otero, no que se dan forma documental ao rexistro de gravacións, para o Arquivo Sonoro de Galicia, das experiencias das mulleres que traballaron na minaría no ámbito de Fontao (Vila de Cruces) durante a posguerra. O documental está promovido pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. SINOPSE: No ano 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Axentes aliados e alemáns releaban pola compra do "ouro negro", do mineral estratéxico para o armamento da II Guerra Mundial. Isto xera unha febre mineira que ocupou miles de homes e mulleres na súa procura. Fálase de arredor de 6000 persoas traballando na zona. O prezo de até 200 pesetas quilo no mercado do estraperlo explicaría esta afluencia. Ás mulleres non se lles permitía traballar nas galerías nin na fábrica, mais, contratadas pola empresa concesionaria, fixeron traballos auxiliares como lavado e separación do mineral. Ademais, atendendo as propias testemuñas, ponse en relevo que son moitas as que van desenvolver unha importante actividade vinculándose en cuadrillas de aventureir@s, nas concesións independentes, nos equipos de recuperación e participando tamén nas redes de estraperlo do mineral. Asemade a riqueza e as necesidades da mina requirían que as mulleres se implicasen tamén no traballo e xestión de tabernas, salóns de baile e casas de xantar, do alugamento de espazos de vivenda, cuartos e hostais para pasar a noite, etc. Actividades concentradas con frecuencia no "bairro de madeira", próximo á entrada da mina. Cómpre salientar, tamén, a presenza dun gran número de presos da represión franquista traballando na mina e a presenza de grupos da guerrilla antifranquista e do Partido Comunista, que, na clandestinidade, van ter unha importante actividade na zona. A construción do poboado mineiro do Fontao na década dos cincuenta do século XX e o feito de que a actividade mineira da Brea, aínda que se vai reducindo paulatinamente, se prolongue ata a década dos sesenta fan deste territorio da Brea unha fonte rica de testemuñas, de mulleres que coa súa memoria nos achegan a realidade da vida na mina, amosando particularidades concretas e ben diferentes do que vivían moitas outras na Galiza dos anos corenta, anos de represión, fame, miseria, escuros e de tanta dor. Agardamos que Memorias de vida en vivo. A luz do negro alumeen un mundo, o da minaría, onde as mulleres sempre fican ocultas. CRÉDITOS Directora: Encarna Otero Cepeda Realizadores: Beatriz Pérez Mosquera, Manuel Gago Mariño Fotografía e imaxe: Teresa Navarro Quinteiro Testemuñas participantes: Juventina Blanco Rodriguez,Jose Parcero Silva,Celsa Vazquez Fernandez,Visita Perez Lopez, Pura Villanueva Varela AGRADECEMENTOS: Lourdes Mato Vilela Asociación Veciñal Minas da Brea Persoal responsable do mantemento da mina e da fábrica Rosa Rodríguez Gómez Pepe Montero López Arquivo O Faiado da Memoria Fondo José Luís Leal Soto

«Pencha Santasmarinas Raposo»


Capítulo da serie Gallegos realizado pola TVG en 2017
Fonte: youtube [04/06/2019]

Fíos fora, historias de obreiras entre costuras e patróns


Realizado por Illa Bufarda en 2017
Fíos fora, historias de obreiras entre costuras e patróns
Fonte: illabufarda.gal [04/06/2019]

Audios

SUAREZ PICALLO, Ramón (1959): La madre gallega, Cátedra de Cultura Gallega, Centro Lucense de Bos Aires.

Relatorio pronunciado o 16 de outubro de 1959 en homenaxe ás nais, sobre todo galegas. Defende o matriarcado galego e destaca o rol das mulleres como nais, as que define como “auténticas” educadoras e transmisoras de valores. Ao longo da intervención fai empregue de citas en prosa e verso.