Material
A muller galega. Estereotipos e crítica
«Xénero e nación»
Descrición
Monográfico «Xénero e nación».Revista Terra e tempo, n. 6/7 (setembro 1997-abril 1998).Recolle unha entrevista a Begoña Aretchaga, un artigo de Xoán Carlos Garrido Couceiro e Sonia Sánchez-Muñoz Redondo sobre o uso da imaxe das mulleres na construción nacional, artigos de María do Carme García Negro, Lidia Senra Rodríguez, Olaia Fernández Davila e Rosa Abuín Rodríguez, que reflexionan sobre a relación mulleres, traballo e mercado laboral, un artigo no que Pilar Pallarés aborda a cuestión do xénero na literatura, un de Pilar García Negro sobre a subordinación das mulleres e da lingua galega, unha revisión de Kathleen March sobre Rosalía de Castro, outro de Amanda Álvarez González e Tareixa Navaza González sobre as mulleres nos medios de comunicación, a resistencia aos poderes por parte das mulleres galegas é a temática do firmado por Kellie C. Germond. Péchase o número con documentos relacionados coa temática proposta.


