Novas da lingua

Rexistros5401 a 5430 de 5436
24/09/2003. CURSOS E CONGRESOS

I Simposio galego de Terminoloxía: Terminoloxía e planificación lingüística

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e Termigal organizan o I Simposio galego de Terminoloxía, que terá lugar os días 6, 7 e 8 de novembro en Santiago de Compostela.
(Máis información)
26/03/2003. CURSOS E CONGRESOS

Comezan os obradoiros Máis Alá!

Tagen Ata pon en marcha a cuarta edición destes obradoiros de lingua e sociedade, que pretenden espertar o interese e a sensibilidade lingüística entre a mocidade.
(Máis información)
25/03/2003. LEXISLACIóN

Apróbase definitivamente o nomenclátor oficial da provincia da Coruña

Tras o dictame da Comisión de Toponimia e da posterior deliberación do Consello da Xunta de Galicia, apróbase finalmente o nomenclátor correspondente á provincia da Coruña.

(Máis información)
25/03/2003. DINAMIZACIóN

Un gol a prol da lingua

O Real Club Celta recolle no seu convenio colectivo un artigo específico que regula os dereitos lingüísticos e a normalización do galego na entidade.
(Máis información)
24/03/2003. DINAMIZACIóN

Recursos didácticos multimedia para o ensino en galego

Xa poden descargarse da rede os primeiros materiais didácticos multimedia xerados polos mestres que asistiron ós obradoiros Ciberlingua.
(Máis información)
03/04/2003. EMPREGO

Bolsas de colaboración para licenciados en filoloxía ou traducción e interpretación

Convócanse bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
(Máis información)
14/03/2003. DINAMIZACIóN

O Concello de Ferrol tamén aposta pola planificación lingüística

O Consello Municipal da Lingua deste concello presentou onte o Plan de normalización lingüística de Ferrol, que pretende que todos os sectores da cidade sumen esforzos para defender a lingua e potenciar a súa utilización.
(Máis información)
14/03/2003. INVESTIGACIóN

A planificación lingüística, ferramenta imprescindible na normalización do idioma

Sae á luz Política lingüística: análise e perspectivas, primeiro volume da serie “O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000)”, e froito dun proxecto de investigación desenvolvido pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega durante os últimos 4 anos.

A grande repercusión que esta publicación está a ter ós poucos días de saír á rúa, deixa ver a importancia do papel que o conxunto deste estudio terá na planificación lingüística en Galicia.
(Máis información)
10/03/2003. INVESTIGACIóN

Nova achega ó estudio sociolingüístico do noso idioma

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega presenta mañá, día 11, ás 12 h. no Salón de Actos desta institución Política lingüística: análise e perspectivas.
(Máis información)
25/02/2003. DINAMIZACIóN

O teléfono de Caixa Galicia atende en galego

O servicio automático de Banca Telefónica de Caixa Galicia emprega desde onte o galego nas consultas dos clientes que así o soliciten.

(Máis información)
19/02/2003. DINAMIZACIóN

Galego para os nenos

A Consellería de Educación pón en marcha a terceira edición do Tren da lingua para os nenos de 5 a 8 anos, e renova o convenio co Parlamento para convocar o certame de poesía e narración por Internet Temos un Parlamento.Temos unha lingua.

(Máis información)
19/02/2003. AXUDAS E PREMIOS

Axudas á dinamización no ensino

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anuncia a convocaria de axudas para os proxectos dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino.

(Máis información)

18/02/2003. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de formación en lingua galega e en linguaxe administrativa

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anuncia cursos de formación en lingua galega e en linguaxe administrativa para diversos colectivos.

(Máis información)
12/02/2003. DINAMIZACIóN

Activa o galego: plan de normalización lingüística
do Concello de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago presentou onte o seu plan de normalización lingüística baixo o lema Activa o galego e que pretende impulsar o uso do idioma en todos os sectores da sociedade compostelá.

(Máis información)
10/02/2003. AXUDAS E PREMIOS

Subvencións para potenciar o idioma

A Consellería de Educación publica dúas ordes polas que regula a concesión de axudas destinadas a incrementar o uso do galego no sector privado e nas asociacións e entidades privadas sen ánimo de lucro.

(Máis información)
06/02/2003. INVESTIGACIóN

Atlas Lingüístico do Bierzo, segunda parte

A Casa de Cultura de Ponferrada acolleu a presentación do segundo tomo do Atlas Lingüístico do Bierzo, que dirixiu Manuel Gutiérrez Tuñón.
(Máis información)
06/02/2003. DINAMIZACIóN

Libros en galego para os estudiantes do Bierzo

A Mesa pola Normalización Lingüística e diversas entidades culturais do Concello de Ferrol organizan unha campaña de recollida de libros en galego destinados ós estudiantes do noso idioma nos colexios do Bierzo.
(Máis información)
28/01/2003. DINAMIZACIóN

Unha lenda viva

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolleu ata o 2 de febreiro unha mostra de fotografías e traballos relacionados con Francisco Fernández del Riego.
(Máis información)
16/01/2003. INVESTIGACIóN

A aprendizaxe da lingua galega no ensino non regrado de adultos

O informe de Rosario Pérez Magdalena analiza os cursos de galego para adultos, tanto presenciais como publicados nos medios de comunicación.
(Máis información)
10/01/2003. DINAMIZACIóN

Herdar en galego

A Dirección Xeral de Política Lingüística presentou o 9 de xaneiro unha campaña para fomentar o uso do idioma nos testamentos e nas últimas vontades dos cidadáns.
(Máis información)
13/12/2002. DINAMIZACIóN

Premios Manuel Beiras

A terceira edición do Premio Manuel Beiras de normalización, que convoca o Concello de Santiago de Compostela, recoñece o labor a favor da difusión da lingua que realizan o xornal O Correo Galego e a empresa hostaleira Freire Chico, ademais do grupo Alcampo e da Fundación Galicia-Empresa.

(Máis información )
19/12/2002. CURSOS E CONGRESOS

Os Centros de Estudios Galegos analizan a súa actividade

A sede da Escola Galega de Administración Pública (Egap) acolleu o 20 e 21 de decembro a segunda edición do Encontro de Centros de Estudios Galegos, ó que asistiron investigadores de 42 universidades de fóra de Galicia nas que se imparte o noso idioma.
(Máis información)
07/02/2003. LEXISLACIóN

Os 41 300 nomes de Galicia

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de febreiro os nomes oficiais das entidades de poboación da provincia da Coruña, co que se conclúe o nomenclátor principal de Galicia.

(Máis información)


















13/12/2002. DINAMIZACIóN

Mil primaveras máis en Pontevedra

O Concello de Pontevedra e a Comisión Sarmiento organizaron o pasado 14 de decembro un acto no Outeiro de Santa Margarida, no que se leu o manifesto Mil primaveras co que se pretende insistir no compromiso de persoas e entidades co futuro do idioma.
(Máis información)
10/12/2002. CURSOS E CONGRESOS

Simposio de competencias lingüísticas

O Instituto de Lingüística da Academia de Ciencias de Rusia abre o prazo para presentar comunicacións neste primeiro encontro que terá lugar en Moscova do 23 ó 26 de outubro de 2003.
(Máis información)
04/12/2002. AXUDAS E PREMIOS

A publicidade en galego ten premio

O Consello Asesor da RTVE en Galicia presentou en Santiago de Compostela a décima edición dos Premios de Publicidade en galego 2002, que este ano galardoará os mellores anuncios da radio, da televisión e tamén de Internet realizados na nosa lingua.
(Máis información)
28/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

Analizan a promoción das linguas minoritarias da UE

O Buró Europeo para as Linguas Minoritarias (EBLUL) organizou coa Mesa pola Normalización Lingüística unhas xornadas de debate sobre a normalización no ámbito escolar das linguas menos estendidas da UE.
(Máis información)
25/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

A Fundación Enclave debate sobre o plano

A Fundación Enclave organizou en novembro dúas mesas redondas sobre a elaboración do plano de normalización lingüística, e a utilidade da lingua na crecente globalización dos mercados e da cultura.
(Máis información )
22/11/2002. DINAMIZACIóN

¿Xogas?

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presentou o 21 de novembro a nova edición da campaña ¿Xogas? En galego podemos, destinada a difundir o idioma nos momentos de ocio da xente máis nova.
(Máis información)
18/11/2002. DINAMIZACIóN

Presencia galega na Expolingua de Berlín

O 17 de novembro rematou a quinta edición de Expolingua en Berlín, que acolleu expositores de diversas comunidades españolas entre as que estaban Galicia, Cataluña ou as Illas Baleares.
(Máis información)