Estuda na Facultade de Filosofía e Letras. Na súa xuventude inicia a súa colaboración coa redacción da revista Correo Literario, así comeza a colaborar regularmente no Suplemento Literario do diario La Nación, dirixido por Eduardo Mallea. En 1946, aparece publicado o seu primeiro libro, Playa Sola, prologado por Lorenzo Varela. Sucesivamente...
Estuda na Facultade de Filosofía e Letras. Na súa xuventude inicia a súa colaboración coa redacción da revista Correo Literario, así comeza a colaborar regularmente no Suplemento Literario do diario La Nación, dirixido por Eduardo Mallea. En 1946, aparece publicado o seu primeiro libro, Playa Sola, prologado por Lorenzo Varela. Sucesivamente publica outros libros de poemas, como Coronación de la espera (1947), Escándalo y soledades (1952), Línea de la vida (1955), La penitencia y el mérito (1957), Propiedades de la magia (1959), Casa de la mente (1968), Árbol de la estirpe humana (1978) e Lírica de percepciones (1983). En prosa publicou as narracións de Crónica del héroe (1946) e Un brazo de Dios (1966), así como o diario que acompaña os poemas de En la letra, ambigua selva (1972). Foi relevante a súa tarefa de tradutor, en especial de poesía en lingua inglesa.
Ver biografía completa