Heliodoro Gallego Armesto

----

Heliodoro Gallego Armesto

1872 Pobra de Trives (Ourense) | 1934 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Heliodoro Gallego Armesto

1872- Pobra de Trives (Ourense) | 1934 Santiago de Compostela
Un matemático polifacético Estudou na Universidade de Santiago e nesta cidade foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios. Membro da Delegación de Santiago da Sociedad Española de Historia Natural, colaborou en diversas revistas da época, entre elas Vida Gallega e o Boletín de la Real Academia Gallega. Ten publicacións sobre xeografía, física e matemáticas. Entre estas últimas podemos sinalar: Técnica algebraica, Elementos de trigonometría general y rectilínea e El eclipse total de Sol del día 30 de agosto próximo (un folleto sobre os eclipses en xeral, e sobre un que iba a suceder en agosto de 1905 en particular). É autor tamén dun traballo titulado Matemáticos españoles contemporáneos, dedicado ao galego Durán Loriga e ao navarro Zoel García de Galdeano.



Bibliografía:




Fontes impresas:

GALLEGO ARMESTO, H. (1896): Guía del ciclista en España: Provincia de Madrid, Madrid: Libreria editorial de Bailly-Bailliere e hijos.

GALLEGO ARMESTO, H. (1901), Estudio analítico experimental de la inducción y autoinducción magnético-eléctricas, Madrid: Antonio Marzo.

GALLEGO ARMESTO, H. (1904), Mapa de la provincia de Orense, Madrid: J. Blass y cia.

GALLEGO ARMESTO, H. (1905), El eclipse total de Sol del día 30 de agosto próximo, Santiago.

GALLEGO ARMESTO, H. (1907), Técnica algebraica, Santiago: Tipografía Galaica.

GALLEGO ARMESTO, H. (1920), Elementos de trigonometría general y rectilínea, Coruña: Tip. El Ideal Gallego.

GALLEGO ARMESTO, H. (1924), Matemáticos españoles contemporáneos, Santiago: Jacobo Rey González.

GALLEGO ARMESTO, H. (1926), Los ferrocarriles de Galicia: novísima guía en forma de itinerarios descriptivos, Santiago: Tip. El Eco de Santiago.


Bibliografía secundaria:

MORENO CASTILLO, R. (1992): Pensamento Matemático en Galicia, A Coruña: Ediciós do Castro.

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia [Madrid 1932-33] (1932-1933) .
Revista Mensual Ilustrada
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;