Materiais de José Quiroga Suárez
Documento. Panfleto
«25 de xulio: nin Tejero nin Calvo Sotelo: soberania nacional»
Chamamento a manifestación do 25 de xullo, convocada polo BNPG e o PSG, e denuncia do centralismo de UCD e do Estatuto de Autonomía. Debuxo dunha multitude de persoas. Santiago de Compostela, Alameda, 12:30.
Documento. Libreto
«Manifesto Programa LCR-MCG»
Programa electoral de LCR-MCG para as primeiras eleccións galegas. Primeira expoñen o porqué da súa unidade e despois organizan o programa nos seguintes epígrafes: "Contra a opresión nacional, por unha Galicia ceibe", "Contra o golpismo e a ofensiva antidemocrática, polas liberdades democráticas", "Contra a ofensiva capitalista, resistencia dos traballadores", "Contra o subdeserolo capitalista, cambear Galicia", "Contra tódalas opresions, unha loita de emancipación", "Nin Bases nin OTAN". Na última páxina hai unha fotografía de varias persoas manifestantes, na cal destacan dous homes que sosteñen dúas pancartas que rezan: "Compañeiro/a axúdanos na nosa loita. Hoxe somos nós os parados e mañan podes ser ti" e "Industrialización racional pra Galicia. Non queremos qe aumente o exercito de parados". Na contraportada lese "VOTA aos que loitan contigo cada día", ademais do logotipo da coalición mais un debuxo dunha masa de persoas que erguen dous grandes puños en alto.
Documento. Panfleto
«Pola plena normalización da nosa lingua»
Manifesto do PCG contra o Estatuto de Autonomía e a favor da celebración dun referendo sobre o mesmo, con motivo do 17 de maio.
Documento. Panfleto
«O Estatuto sigue sendo da UCD»
Chamamento ao voto negativo no Estatuto de Autonomía, xunto a unha crítica ao PSOE, PG e PCG por aceptar a proposta de Estatuto de UCD.
Documento. Tríptico
«Algúns teñen dúbidas... nós votaremos NON»
Propaganda do MCG de cara ao referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1980. Ao longo do tríptico explican a súa posición contraria a el nos seguintes apartados: "Votando NON, seguimos loitando", "Este Estatuto non é noso", "A Xunta: un choio prós caciques" e "Có Estatuto todo seguirá igoal". Na portada vese unha fotografía dunha nena arrincando os pétalos dunha margarida, e no interior vemos catro caricaturas de caciques.
Documento. Panfleto
«4 de nadal. Todos a rua»
Chamamento a manifestación o 4 de Nadal, contra o Estatuto de UCD e o centralismo.Artigos
(6/1977) Os elexidos : Congreso [e] Senado. Teima. (28), 7.
Ver nota breve
(7/1977) Este é o seu diputado (II). Teima. (30), 20-22.
Ver reportaxe
(6/1979) Madrid ten novo presidente. Nosa Terra, A. (64), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;


