Coñecida familiarmente como tía Teresa, era unha das irmás de don Juan Martínez Castro, pai de Manuel Murguía, e madriña da irmá do historiador, Teresa Josefa, que leva os nomes das dúas tías. Teresa vivía longas tempadas na Coruña, coa súa irmá Josefa e o marido desta, José Mª Noya. Fíxose cargo da súa afillada con motivo da separ...
Coñecida familiarmente como tía Teresa, era unha das irmás de don Juan Martínez Castro, pai de Manuel Murguía, e madriña da irmá do historiador, Teresa Josefa, que leva os nomes das dúas tías. Teresa vivía longas tempadas na Coruña, coa súa irmá Josefa e o marido desta, José Mª Noya. Fíxose cargo da súa afillada con motivo da separación dos pais de Murguía e mantén cos sobriños unha relación asidua nos anos mozos. Polas palabras de Rosalía de Castro poderíase deducir que as tías de Murguía xa son maiores ou polo menos a tía Pepa estaría nunha situación que non aconsellaba deixala soa (o seu home morrera en 1863) e Teresa tería que acompañala. Este detalle podería reforzar a hipótese de datación desta carta de Rosalía entre finais de 1873 e 1874, durante a estadía de Murguía en Madrid.
Ver biografía completa