Catedrático do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universitat Autònoma de Barcelona. Director do grupo de investigación consolidado GRISS (Grup de Recerca en Imatge, So i Síntesi); de EUROMONITOR, observatorio permanente da televisión en Europa, e de USAMONITOR, observatorio permanente da televisión norteamericana, as...
Catedrático do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universitat Autònoma de Barcelona. Director do grupo de investigación consolidado GRISS (Grup de Recerca en Imatge, So i Síntesi); de EUROMONITOR, observatorio permanente da televisión en Europa, e de USAMONITOR, observatorio permanente da televisión norteamericana, así como codirector de OXSI, observatorio das redes sociais de Internet. É autor de numerosos textos sobre radio, televisión e tecnoloxías da información e da comunicación. A súa produción ten o recoñecemento de seis sexenios de investigación positivamente avaliados pola CNEAI. É asesor de diferentes administracións, empresas e autoridades reguladoras.
Forma parte de máis de trinta proxectos de investigación competitivos do Plan Nacional de I+D+i, de convocatorias europeas e doutras institucións, nacionais e internacionais. Tamén participa en máis de corenta contratos de investigación financiados pola industria.
Foi decano e fundador da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universitat Autònoma de Barcelona. Tamén foi profesor e investigador invitado nas universidades de Quebec, California, Berkeley, Nova York, Pisa, São Paulo, Bordeos, Adolfo Ibáñez (Chile) e Continental (Perú), así como en diversas universidades españolas.
Como avaliador participa nos programas para a investigación da UE, na Agence nationale de la recherche (ANR, Francia), na Agência de Avaliação e Acreditação do Ensino Superior (A3ES, Portugal) e no Plan Nacional de I+D+i, ANEP, ANECA, AQU, AGAUR e Comunidad de Madrid.
Foi director da revista científica do Consell de l’Audiovisual de Catalunya Quaderns del CAC, presidente do Premio Möbius Barcelona Multimedia, socio fundador do Prix Möbius International, director do CanariasMediaFest e conselleiro internacional da Maison des sciences de l'homme de París.
Entre 1973 e 1986 desenvolveu a súa carreira profesional na radio, televisión e prensa como redactor, guionista, presentador, editor e director de diferentes programas, en medios como OK, Primera Plana, Teima, A Nosa Terra, Liberación, Radio Juventud de Barcelona, Radio Peninsular, Radio Nacional de España, Radio France e Televisión Española.
Ver biografía completa