É licenciada en Filoloxía Galega e en Filoloxía Románica pola USC. Despois de concluír un curso con bolsa Erasmus na Universidade Paul Valéry de Montpellier, chegou ao Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra, onde iniciou a andaina no traballo pola normalización lingüística e permaneceu durante dous anos, sobre todo, formándos...
É licenciada en Filoloxía Galega e en Filoloxía Románica pola USC. Despois de concluír un curso con bolsa Erasmus na Universidade Paul Valéry de Montpellier, chegou ao Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra, onde iniciou a andaina no traballo pola normalización lingüística e permaneceu durante dous anos, sobre todo, formándose. Este primeiro tempo serviulle para decatarse da importancia que ten fomentar a recuperación e o uso do galego en todos os ámbitos sociais.
En 2007 incorporouse ao Departamento de Lingua do Concello de Santiago, onde tivo a posibilidade de traballar en diversos proxectos, entre os que destaca os que se manteñen grazas á cooperación entre servizos (Apego, Youtubeir@s, Club de Debate…) e que permiten que os esforzos que se fan desde as administracións se espallen de forma máis rendible e eficaz.
É membro da directiva da Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización da Lingua.
Ver biografía completa