É licenciado en Filosofía pola USC e Grao Profesional de Música polos conservatorios de Ourense e Xinzo de Limia na especialidade de saxofón.
Dende o curso 2021/2022 é profesor de Filosofía no IES Rafael Dieste da Coruña, despois de pasar tres cursos no IES Kursaal de Algeciras, onde ocupou a xefatura do departamento de formación, avalia...
É licenciado en Filosofía pola USC e Grao Profesional de Música polos conservatorios de Ourense e Xinzo de Limia na especialidade de saxofón.
Dende o curso 2021/2022 é profesor de Filosofía no IES Rafael Dieste da Coruña, despois de pasar tres cursos no IES Kursaal de Algeciras, onde ocupou a xefatura do departamento de formación, avaliación e innovación educativa. Anteriormente, como interino, traballou en Aracena, Zaragoza e Cariñena. No curso 2022/2023 faise cargo da coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste e o centro acolle a xornada inaugural do programa 21 Días co galego e+.
Nos dous últimos cursos coordinou xunto a Alberto Pombo e Mónica Reigía a iniciativa cultural Aquí Tamén Se Fala, encadrada dentro do EDLG do IESP Rafael Dieste e que acadou diferentes recoñecementos como o Premio Innovagal 2024 ou o Premio Rosalía de Castro de Lingua 2024.
Dende hai máis de vinte anos forma parte de diferentes grupos de música como Annie Hall, Niño y Pistola e, nos últimos anos, Os Amigos dos Músicos, banda de Ourense coa que publica dous discos e acada o Premio Martín Códax da Música
2017 á mellor banda de pop e o Premio MIN da Música Independente 2020 ao mellor disco en galego.
Ver biografía completa