É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), nas especialidades de Xeografía Aplicada (1990) e Prehistoria e Arqueoloxía (1993). Realizou estudos de terceiro ciclo no programa de Análise Territorial e Organización do Espazo en Galicia da USC (1991-1993) e en 1993 obtivo a suficiencia investigadora. E...
É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), nas especialidades de Xeografía Aplicada (1990) e Prehistoria e Arqueoloxía (1993). Realizou estudos de terceiro ciclo no programa de Análise Territorial e Organización do Espazo en Galicia da USC (1991-1993) e en 1993 obtivo a suficiencia investigadora. En 2015 ingresou no programa de doutoramento de Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC e acadou o título de doutor en 2021.
Desde 1997, desempeñou o cargo de técnico SIX en CESGA a través de contratos por proxectos e bolsas. A partir de 2005, traballa como técnico superior en Sistemas de Información Xeográfica (SIX) no Departamento de SIX da Fundación Pública Galega Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), con contrato indefinido.
No CESGA participa en proxectos que incorporan tecnoloxías innovadoras e promove e xestiona aplicacións de SIX para ofrecer solucións ao persoal investigador e usuarios do centro. As súas funcións inclúen a análise e provisión de solucións a usuarios e investigadores, así como o tratamento de información xeográfica para o almacenamento, organización, xestión e análise de datos xeorreferenciados. Os SIX teñen unha ampla aplicabilidade en diversas disciplinas, como os estudos ambientais, a xestión pesqueira, a biodiversidade e o patrimonio cultural, cunha énfase especial na arqueoloxía. Ao longo da súa carreira, colaborou con múltiples grupos de investigación en arqueoloxía, a través da súa participación en proxectos de convocatorias públicas como IDEPATRI, ENARDAS e ESTRIMNIDES, e con empresas de arqueoloxía en proxectos de prospección e escavación.
Estes esforzos culminaron na súa tese de doutoramento, titulada Bases para o deseño e aplicación dunha infraestrutura de datos espaciais do patrimonio arqueolóxico. Actualmente, participa desde o seu posto no CESGA en proxectos arqueolóxicos tanto a nivel nacional como internacional, como o proxecto Djehuty do CSIC, dirixido por José Manuel Galán Allué, e en exploracións de modelos de datos arqueolóxicos en Portugal a través da convocatoria IACOBUS na Universidade do Minho. Tamén é membro do equipo de investigación do proxecto NEOGREDOS: Neolitización, Arte Rupestre Esquemática e Ciencia Cidadá na Serra de Gredos. Estas actividades subliñan a participación do CESGA na investigación, proporcionando soporte tecnolóxico e de coñecemento, así como un repositorio de confianza de datos patrimoniais baixo unha política de datos abertos e interoperables.
Ver biografía completa