Avogado graduado na Universidad de Buenos Aires, sendo mozo foi un activo militante político na década de 1930 no grupo Insurrexit (xunto a Ernesto Sábato, Rogelio Frigerio e Narciso Machinandiarena, con quen compartiría despois o bufete de avogado) e na Federación Universitaria de Buenos Aires, sempre no ámbito da cultura comunista. Acompañ...
Avogado graduado na Universidad de Buenos Aires, sendo mozo foi un activo militante político na década de 1930 no grupo Insurrexit (xunto a Ernesto Sábato, Rogelio Frigerio e Narciso Machinandiarena, con quen compartiría despois o bufete de avogado) e na Federación Universitaria de Buenos Aires, sempre no ámbito da cultura comunista. Acompañou despois a Frigerio, de quen era o seu avogado persoal, na experiencia “desarrollista” que acadou o Goberno coa presidencia de Arturo Frondizi en 1958. Posteriormente e sempre a partir de súas relacións co “desarrollismo”, converteuse nunha das figuras influentes do diario “Clarín”, do que foi apoderado legal.
Ver biografía completa