Autor de obras de recoñecido prestixio en Europa e América Nace en Lantaño (Portas), Pontevedra o 1 de xaneiro de 1943. Estudou no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, e nos superiores de Vigo, A Coruña e Madrid, onde acada o título de Profesor Superior de Harmonía, Contrapunto, Composición e Instrumentación. Desde a presenta...
Autor de obras de recoñecido prestixio en Europa e América Nace en Lantaño (Portas), Pontevedra o 1 de xaneiro de 1943. Estudou no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, e nos superiores de Vigo, A Coruña e Madrid, onde acada o título de Profesor Superior de Harmonía, Contrapunto, Composición e Instrumentación.
Desde a presentación de Variaciones para Orquesta, en 1993, pola Orquesta Sinfónica de Galicia no Pazo de Congresos da Coruña, as súas obras interprétanse habitualmente en Europa e América. En 1995 estrea Secuencias "Nocturno", en Caracas coa Orquesta Sinfónica de Venezuela.
En 1998 estrea Cantos y Ritmos Salvajes na Universidad Centro-Occidental Lisandro Alvarado, no estado de Lara, coa Orquesta Sinfónica de Lara (Venezuela). Neste mesmo ano a Orquesta Sinfónica Municipal de Caracas, co gallo da conmemoración do V Centenario da chegada de Colón a Venezuela interprétaa na Aula Magna da Universidad Central de Venezuela, e en 2008 sería presentada pola Orquesta Sinfónica de Galicia no Pazo da Ópera da Coruña.
Con motivo da celebración do 25 aniversario da independencia de Angola, a Orquestra do Norte de Portugal encárgalle a Eligio Vila a orquestración da Sinfonía Africana Pangeia do autor angoleño Carlos Sanches para orquestra e coros.
En 1999, a Fundación Festival Internacional de las Artes (Isla Margarita, Venezuela), encárgalle Sinfonietta, e en 2004 presentouna a OSG no Palacio da Ópera de A Coruña. Ademais de música orquestral, tamén escribiu música de cámara e dúas obras para banda sinfónica: Rapsodia Arousá e Lantaño (Rapsodia Galega). A música de Eligio Vila foi interpretada por directores como Víctor Pablo Pérez, Rafael Montes, Ecberht Lucena, Lu Jia, Carlos Riazuelo e Carlo Rizzi.
Puer natus est é unha pequena peza para cuarteto de cordas, duns tres minutos e medio de duración, un “canto de berce” composto para o nacemento do seu primeiro neto Alejandro Vila Posada, estreado o día do bautizo na Basílica de Santa María en Pontevedra, o 6 de xuño de 2009 polo Cuarteto Antares.
Nesta obra, de estrutura monotemática, apréciase a alternancia de melodía acompañada e escritura a catro voces, e nalgúns casos o emprego de células imitativas. Na melodía, de ámbito moi amplo e de carácter secuencial, aparecen amplificacións.
Na reexposición o tema preséntase con un acompañamento distinto ou con trémulo en todos os instrumentos.Tamen cabe suliñar o emprego de sordinas, pizzicato e armonía convencional.
A gravación que se ofrece corresponde a Artemis Ensemble, formación integrada por: Fumika Yamamura, violín 1º, Deborah Gonsalves, violín 2º, Gabriel Bussi, viola, Berthold Hamburger, violoncello.
Ver biografía completa