Gañador do premio de composición AEOS-Fundación BBVA 2013 Fernando Buide del Real completou a súa formación musical no conservatorio da súa cidade natal, Santiago de Compostela, e no conservatorio de Oviedo, así como na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh, onde estudiou piano, composición e órgano. Doutorouse en composición pola Un...
Gañador do premio de composición AEOS-Fundación BBVA 2013
Fernando Buide del Real completou a súa formación musical no conservatorio da súa cidade natal, Santiago de Compostela, e no conservatorio de Oviedo, así como na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh, onde estudiou piano, composición e órgano. Doutorouse en composición pola Universidade de Yale. Entre os seus mestres de composición destacan Leonardo Balada, Martin Bresnick, Christopher Theofanidis ou Aaron Kernis. Foi compositor en residencia en la Real Academia de España en Roma. En 2013 gañou o prestixioso premio de composición que concede a Fundación BBVA e a Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS) por su obra Fragmentos del Satiricón.Tiento é unha obra para dous pianos completada no outono de 2007 durante o meu tempo de estudo co profesor Ezra Laderman na Universidade de Yale. Estreouse en decembro dese ano no marco de
New Music New Haven, festival adicado á creación musical contemporánea na mencionada universidade. Os pianistas foron o español Juan Carlos Nieto e o chinés Qin Han.
O título da peza está tomado do xénero ibérico de música para tecla – a formación como organista é moi importante na miña personalidade musical. Os tientos semellan moverse entre unha coidadosa elaboración de elementos melódicos moi restrinxidos e un constante carácter improvisatorio. Así, a obra parte dun material musical moi concentrado que se recicla e varía constantemente. O fluír constante caracteriza a composición; o animado pulso practicamente non se detén dende o principio ata o fin. A presenza de dous pianos non só posibilita diálogos antifonais entre os dous instrumentos senón que tamén da pé a efectos de reverberacións e resonancias conseguidos a través de repeticións sucedidas en espazos de tempo moi curtos.
Tiento desprégase como unha obra articulada nun só trazo que avanza imparablemente cara un marcado punto culminante central. Tras él a música semella romperse nunha cadenza ou improvisación para os dous instrumentistas; onde se explota o virtuosismo de ambos pianos. O carácter contido e dramático do arranque regresa na conclusión da obra. Esta composición adiqueina a Maximino Zumalave.
Máis información:
Web de Fernando Buide