Arquivo Multimedia A Lindona de Galicia
A Lindona de Galicia
A Lindona de Galicia
A Lindona de Galicia
5 episodios
2021 produción
Audio / Podcast

A Lindona de Galicia

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, recuperamos un texto excepcional. O dramaturgo Andrés de Claramonte escribiu a principios do século XVII a obra La Lindona de Galicia, unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia.

Neste especial poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán neste web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega entre o venres 25 de marzo e o martes 2 de abril de 2021, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da época ou a relación entre a ficción e os feitos nos que está inspirada.

Ilustración: Laura Romero.
Episodios — 5
La Lindona de Galicia - Capítulo I Podcast 1
La Lindona de Galicia - Capítulo I
Dous irmáns enfróntanse polas coroa de Galicia á morte do rei Fernando. Sancho é o rei de Castela, e pretende que García, que acaba de conquistar Galicia, sexa o seu vasalo. Pero García reivindica o trono para de Galicia para el.
La Lindona de Galicia - Capítulo II Podcast 2
La Lindona de Galicia - Capítulo II
Para acadar o trono de Galicia, García precisa o apoio da nobreza galega. Os aristócratas pídenlle que renuncie á súa amante Lindona, para casar coa infanta de Portugal, Leonor.
La Lindona de Galicia - Capítulo III Podcast 3
La Lindona de Galicia - Capítulo III
Pasaron os anos e a historia lévanos ao fondo das fragas galegas, onde o príncipe don Ramiro e o seu criado practican a caza. Pero o que non agardan é a aparición dun fermoso ser...
La Lindona de Galicia - Capítulo IV Podcast 4
La Lindona de Galicia - Capítulo IV
Ramiro e Mormojón atopan no medio dos montes un castelo ruinoso no que está encadeado un misterioso prisioneiro... Mormojón descubre que o castelo pertence á Lindona, desde o que domina o val de Ribadulla e boa parte de Galicia.
La Lindona de Galicia - Capítulo V Podcast 5
La Lindona de Galicia - Capítulo V
O rei Fernando pon asedio ao castelo da Lindona para ceibar ao seu irmán García. Os feitos vanse desencadear coa revelación de grandes segredos.