Sophias
Sophias
Sophias
7 episodios
2022 · 2023 produción
Vídeo

Sophias

Unha serie para coñecer o pensamento das mulleres filósofas ao longo da Historia.

Serie web de ficción realizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para divulgar a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia.

Marta e María son dúas compañeiras de traballo que nos seus encontros atopan sempre un motivo para filosofar sobre as ideas de mulleres que forman parte da historia do pensamento. Desde a Grecia clásica ata os nosos días, nestes sete capítulos abordan con humor, paixón e incluso misticismo as achegas de filósofas que pode que non estean nas conversas de corredor, pero que deberían.
Episodios — 7
Póker de sabias Vídeo 1
Póker de sabias
Vídeo didáctico (4´ 28´´) pertencente á serie web de ficción Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas ao longo da historia.
Iluminadas Vídeo 2
Iluminadas
Segundo capítulo (5´ 05´´) da serie web de ficción Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas ao longo da historia.
A filósofa do sacho Vídeo 3
A filósofa do sacho
Terceiro capítulo (5´ 08´´) da serie web de ficción Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas ao longo da historia.
Movendo os marcos Vídeo 4
Movendo os marcos
Cuarto capítulo (4´ 20´´) da serie web de ficción Sophias, que che permitirá achegarte ao legado de Simone de Beauvoir, a pensadora feminista máis coñecida da historia.
Hannah Vídeo 5
Hannah
Vídeo didáctico (4´ 46´´) coa quinta entrega da serie web de ficción Sophias. Neste capítulo poderás introducirte no pensamento de Hannah Arendt, filósofa do século XX que reflexionou sobre a deriva social cara aos totalitarismos.
Cigarrón Butler Vídeo 6
Cigarrón Butler
Sexta entrega da serie web de ficción Sophias. Neste capítulo (5´ 08´´) repásanse as ideas de Judith Butler respecto á identidade sexual e os tipos de violencia, dous dos temas abordados por esta pensadora e activista contemporánea.
Cancelo Agra Vídeo 7
Cancelo Agra
Sétimo capítulo (4´ 32´´) da serie web de ficción Sophias, que che permitirá achegarte á muller máis importante da filosofía galega, María Xosé Agra.
Ficha técnica
Por que Sophias?
As filósofas son as grandes esquencidas da Historia do Pensamento e deben de entrar a formar parte do currículo escolar. Esa reivindicación foi o punto de partida co que un grupo de profesoras e profesores de Filosofía comezaron a traballar no verán de 2021 para darlle forma á idea de facer contidos audiovisuais para introducir o pensamento das mulleres no ámbito escolar, pero non so aí. As ideas e contributos desas filósofas merecían o recoñecemento e a transmisión nas aulas, mais tamén compartir os espazos da divulgación filosófica e da cultura popular.
E así naceu SOPHIAS, un proxecto do Consello da Cultura Galega co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, no que a través dunha ficción divulgativa se presenta unha escolma de autoras e dos temas e debates que abriron. Son mostra do seu xenio e capacidade para dialogar co contexto histórico e social, incluíndo o tema da exclusión das mulleres do espazo público e da creación de coñecemento. Hai moitas máis filósofas, pero escolléronse estas pola pegada do seu pensamento e pola súa actualidade para acompañar no proceso de pensar o presente. Fronte ao inmediato e a rapidez, é unha aposta polo repouso do diálogo. Pensar sempre é compartido.

FICHA TÉCNICA
Título: Sophias
Xénero: Ficción
Capítulos: 7
Duración: 5 minutos cada capítulo
Idioma: Galego
Intérpretes: Marta Pérez e María Roja
Produción executiva: Carme Adán
Guións: Cristina de la Torre, Carme Adán, Iolanda Martínez, Manuel Torres, Jorge Álvarez, María del Toro, Celia Pereira, Zeltia Laya, África López Souto
Dirección e montaxe: Cristina de la Torre
Fotografía: Pio Cribeiro
Son: Eloy Táboas
Produción: Consello da Cultura Galega co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
Ano: 2022
creación
Consello da Cultura Galega