Axudádeme a cantar
Axudádeme a cantar
Un documental para poñer en valor o canto con percusión de man, literatura oral tradicionalmente feminina con extensión e diversidade importantes. Neste documental de seis capítulos contamos coa colaboración de tocadoras tradicionais e participantes en procesos de recollida e divulgación, así como de artistas modernas que beben das fontes desta tradición, falan das súas experiencias e comparten a súa arte connosco.
Eu e máis ti, compañeira
Eu e máis ti, comarada
Eu e máis ti, compañeira
Facemos a foliada
(Castrelo, Vimianzo)
Recollida por Xabier Diaz
Eu e máis ti, compañeira
Eu e máis ti, comarada
Eu e máis ti, compañeira
Facemos a foliada
(Castrelo, Vimianzo)
Recollida por Xabier Diaz
Episodios — 6
Vídeo
1
O serán en Toutón: Pasado e presente da festa tradicional
A tocadora tradicional Lucinda Barcia Garrido "do Peseto" e a súa filla Montse Alvariño cóntannos neste vídeo a súa iniciativa de revitalización do Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz), motivada polas primeiras recollidas nesta pequena localidade en 1996.
Vídeo
2
A festa da pandeira: Celebrando a recuperación dun instrumento
Neste vídeo visitamos a Festa da Pandeira de Piornedo, un evento que reúne tocadoras tradicionais con novas xeracións de músicos e outras persoas que acoden a esta xuntanza anual, con ganas de aprender e gozar deste instrumento.
Vídeo
3
Pandeirada en Liñares: Canto, identidade e emigración
Sira Paz e Orestina Busto, tocadoras tradicionais de Liñares (Avión), contribuíron á rica tradición oral e musical da zona. Neste vídeo podemos apreciar a súa mestría ao escoitalas cantar e tocar a pandeireta e a lata de pemento.
Vídeo
4
Historia da compilación musical nos grupos folclóricos
Ao longo das décadas dos 80 e 90 Galicia foi escenario dun crecente interese polas tradicións de baile e música do pobo galego, que se consideraban en perigo de extinción.
Vídeo
5
As novas raíces: Resocializando o rural a través da música tradicional
Mentres que a música tradicional de Galicia se desenvolveu no seo dunha sociedade agraria de poboación dispersa, no século XX estivo suxeita a procesos de (re)descubrimento e extensión ás grandes urbes.
Vídeo
6
Das aldeas aos escenarios: A música de tradición oral no panorama musical galego
Cando as Pandeireteiras de Mens pisaron as madeiras do Teatro Colón (A Coruña) en 1971, inauguraron un rexurdimento contemporáneo do canto galego acompañado de percusión de man.


