Arquivo Multimedia Memoria do teatro galego na Transición
Memoria do teatro galego na Transición
Memoria do teatro galego na Transición
Memoria do teatro galego na Transición
4 episodios
2020 · 2024 produción
Vídeo

Memoria do teatro galego na Transición

A Transición marcou o futuro de Galicia en moitos ámbitos, e nas artes significou un punto de xiro fundamental. Alí naceu a idea do teatro galego contemporáneo e profesional. A través de entrevistas longas e detalladas, recollemos a memoria dos protagonistas que nos introducen nos primeiros proxectos e iniciativas. Un proxecto da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais dirixido por Tito Asorey coa edición audiovisual de Jairo Iglesias. Presentamos agora en aberto os primeiros dous episodios do proxecto.
Episodios — 4
Anos 70: os inicios da profesionalización Vídeo 1
Anos 70: os inicios da profesionalización
Por todo o país foran xurdindo a partir dos anos 60 e 70 diferentes iniciativas teatrais que comezaron a callar en proxectos que buscaban a profesionalización. Desde a súa casa no Valadouro, Manuel Lourenzo introdúcenos na época.
As mostras de Abrente Vídeo 2
As mostras de Abrente
A Mostra de Teatro de Ribadavia, entre 1973 e 1980, foi o gran espazo de encontro dos activistas das artes escénicas, e o foro no que se debatiron os camiños da profesionalización.
A institucionalización do teatro galego Vídeo 3
A institucionalización do teatro galego
Durante os primeiros anos da década dos 80 iníciase un proceso de construción autonómica que se traudce, no ambito teatral, nunha serie de medidas de apoio institucional ás artes escénicas.
As mulleres no teatro galego da Transición Vídeo 4
As mulleres no teatro galego da Transición
Na historiografía do teatro galego da transición os homes ocupan un lugar predominante, en grande parte a causa da súa presenza en postos de poder, tanto político como artístico.
Ficha técnica

Coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega
Cristina Domínguez


Dirección
Tito Asorey


Fotografía
Jairo Iglesias
Pedro Tizón


Edición
Jairo Iglesias
Tito Asorey


Produción
Sara Rey