Concertos das Letras
Concertos das Letras
Os nosos concertos anuais do Día das Letras Galegas.
Episodios — 6
Vídeo
1
Concerto das Letras Galegas 2025
Convocámosvos un ano máis para nos acompañar no Concerto das Letras Galegas no serán do 16 de maio para homenaxear as cantareiras e a poesía popular oral.
Vídeo
2
Concerto das Letras Galegas 2024
O Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello da Coruña, organiza o Concerto das Letras Galegas 2024, que se celebrará o día 16 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, cidade natal de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Vídeo
3
Concerto das Letras Galegas 2023
O Consello da Cultura Galega organizou o Concerto das Letras Galegas 2023 (martes, 16 de maio de 2003, ás 20:30 horas, no Teatro Afundación de Vigo).
Vídeo
4
Concerto das Letras Galegas 2022
O grupo Zoar interpreta obras de Adolfo Salazar, Jesús Bal y Gay, Rodolfo Halffter, Frederic Mompou e Gerardo Gombau, e a soprano Clara Jelihovschi Panas pon voz a poemas de Amado Carballo, Ramón Cabanillas e Florencio Delgado Gurriarán.
Vídeo
5
Concerto das Letras Galegas 2021
O Consello da Cultura Galega organizou o 16 de maio de 2021 no Auditorio do Mar en Vigo a undécima edición do Concerto das Letras Galegas.
Vídeo
6
Concerto das Letras Galegas 2020
A orquestra Taller Atlántico Contemporáneo, dirixida por Diego García, é a responsable do tradicional Concerto das Letras, co que o Consello da Cultura Galega celebra o Día das Letras Galegas, neste 2020 adicado a Ricardo Carballo Calero.


