Diálogos interxeracionais
Diálogos interxeracionais
Unha serie de diálogos interxeracionais que nos axuden a mellorar a nosa comprensión acerca dalgunhas das grandes transformacións acaecidas en Galicia durante os últimos cincuenta anos e a maneira en que eses fitos fundamentais da nosa historia recente poden influír no futuro da nosa sociedade.
Episodios — 2
Vídeo
1
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía. Primeiro diálogo: Física
Neste primeiro diálogo, centrado nas ciencias físicas, participarán Carlos Pajares Vales, profesor emérito e exreitor da USC; Elena González Ferreiro, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), e Clara Nieto Lado, alumna de primeiro curso do grao en Física.
Vídeo
2
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía. Segundo diálogo: Enxeñaría de Camiños
Este diálogo centrarase na enxeñaría de camiños e nel participarán Ramón Ramos Duro, durante moitos anos enxeñeiro responsable da Unidade Técnica de Audasa; Ana Fernández Prieto, directora das obras de ampliación da ponte de Rande, e Noelia Fernández Rodríguez, alumna de mestrado da Esco…
Ficha técnica


