A cultura como refuxio

A cultura como refuxio

Ciclo de pensamento e cultura O ciclo de pensamento e cultura “A cultura como refuxio” nace coa vontade de abrir un espazo de reflexión compartida arredor do papel que desempeña a cultura nun contexto contemporáneo marcado pola incerteza e as desigualdades, pero tamén pola reivindicación da identidade propia.

En contextos profundamente discriminatorios para as mulleres, a cultura serviu de refuxio a moitas, como parapeto onde poder desenvolverse como persoas á marxe dos estereotipos de xénero e as discriminacións circundantes.