Luis Ksado
Ávila, 25/ 8/1887 - Santiago de Compostela, 6/2/1972Autoría: Vítor Vaqueiro
As súas imaxes marcan a historia da fotografía galega e definen o país
Luis Casado Fernández —que pasou á historia da fotografía galega baixo a forma Ksado— naceu en Ávila o 25 de agosto de 1891, sendo os seus proxenitores Dionisio Casado e Concepción Fernández, se atendemos o Rexistro Civil de Compostela, ou o 25 do mesmo mes de 1887 se tomamos conta o da súa cidade natal, no que foi inscrito o día 26 de agosto. Sexa como for, sendo aínda un raparigo, xa se achaba en Ourense obrigado por circunstancias familiares, exercía como aprendiz no estudio de José Pacheco, na rúa Alba número 9, e practicaba a fotografía con éxito á idade de 12 anos, cando, en marzo de 1904, Afonso XIII visitara a cidade das Burgas. Prescindindo da contorna mítica que —alén das súas innegábeis cualidades— envurullou a figura de Ksado ao longo da súa vida, unha información xornalística de Jesús Rey Alvite afirmaba que a primeira imaxe tirada polo pequeno Luis, ao pé das Burgas, é a do monarca español, o cal lle solicitara unha copia que, posteriormente, devolverá asinada polo proprio soberano. Este traballo, segundo Alvite, abriralle a Ksado as portas do xornal ABC.
O período ourensán de formación do abulense continuou até o ano 1915, data na que, despois de ter cumprido o servizo militar, se deslocou para Compostela onde inauguraría o seu proprio gabinete, na Rúa do Vilar, 23, 2º. Ksado, abertamente partidario dunha fotografía que considerase primordiais a necesidade de dominio da técnica, o labor docente, o rigor e a constancia na aprendizaxe, ben como a sensibilidade, a elegancia e o permanente contacto coa xente, había recoñecer, décadas despois, o mestrado de José Pacheco e o que el mesmo exercera sobre José Valín, aprendiz seu no gabinete de Vigo. A partir do instante de asentamento na cidade compostelá, o traballo de Luis Casado, desde agora Ksado, aínda sen cumprir os 30 anos, atinxira unha chea de albos notábeis: fotografara o cardeal Martín de Herrera, vestido de pontifical, co obxectivo de que, partindo desa imaxe, Mariano Benlliure esculpise a magnifica lápida que aínda hoxe se olla na parede da catedral que fecha a praza de Pratarías; por encomenda do cóengo Caeiro, realizara as fotografías do Pazo de Xelmírez para un álbum co que a cidade agasallara a infanta Isabel de Borbón ou, xunto con Enrique Guerra e o director de Vida Gallega Jaime Solá, fotografara a gran peregrinación xacobea do ano santo 1920, ilustrando ademais a publicación periódica correspondente.
A capacidade de produción fotográfica de Ksado só é comparábel coa súa mestría na relación social e a sabedoría para se inserir no tecido cidadán, cultural e político. Foi membro da xunta directiva da Liga de Amigos compostelá, presidida por Jacobo Díaz de Rábago y Aguiar e xa, no percurso final da súa vida, o primeiro presidente da xunta directiva da Agrupación Fotográfica Compostelá. Amigo persoal do ditador Miguel Primo de Rivera, foi este quen axudou o fotógrafo en proxectos que habían de ver a luz na segunda metade do período de entre-guerras. Por outra parte, home de tendencias galeguistas, Ksado ingresou como socio no Seminario de Estudos Galegos, baixo o nome específico de Loís Ksado, no exercicio 1925-1926, cunha «Aportazón fotográfica á catalogazón de moimentos», o día 10 de xuño de 1926, xunto co escritor Ánxel Romero Cerdeiriña, o pintor Mariano Tito Vázquez, o escultor Francisco Asorey e o pintor Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo, asasinado en 1936.
Aínda que produciu magníficos retratos como Naiciña, ou O tesouro, nos seus gabinetes de Compostela e Vigo, a súa capacidade, inmensa, de traballo vaise proxectando en obras que definen un país e balizan a historia da fotografía galega. Nunha exposición celebrada no Circo de Artesáns da Coruña no ano 1922 presenta unha colección de imaxes do Pórtico da Gloria e do Pazo de Xelmírez, o que parece suxerir o agromar futuro de Estampas Compostelanas, unha obra que posibelmente Ksado xa tiña en perspectiva e que se había de converter, en 1927, nun traballo de forte carácter relixioso que, contendo 65 fotografías e un plano da catedral, mostraba os máis significativos monumentos da cidade como a propria basílica, igrexas, edificios civís e algunhas presenzas humanas, como as leiteiras da rúa ou os tiraboleiros da catedral nunha pose ao carón do botafumeiro. O volume, impreso en Madrid nunha industria de renome no rotogravado, viña acompañado da capa de Federico Ribas, un limiar de Salvador Cabeza de León —catedrático, un dos fundadores da Real Academia Galega e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos— e as descricións do sacerdote Xesús Carro, nos idiomas español, inglés, francés e alemán.
Apenas unha década máis tarde —nun contexto de constante presión sobre a necesidade de pular o turismo, como viña acontecendo xa desde o século XIX— a comezos de 1936, viu a luz do día Estampas de Galicia, un álbum que constituía un monumental esforzo editorial e humano e se achaba na esteira de proxectos como Galicia Pintoresca (ca. 1880), de Filippo Prosperi e Cándida Otero, Portfolio Galicia (1904) de Pedro Ferrer ou Las bellezas de Galicia (ca. 1930), de Juan Gil Cañellas. Estampas de Galicia, un proxecto que articulaba unha dupla perspectiva comercial e patriótica, constituía un conxunto de 40 series que xeraban un total de 405 cromos fotográficos, os cales habían de se colar sobre un álbum de dimensións 25x35 cm. Os temas fundamentais eran a monumentalidade e a paisaxe galegas e, en menor proporción, as festas tradicionais, o traballo e os tipos humanos. Ksado, un home nomeadamente dotado para a promoción empresarial, foi quen de tecer unha ampla rede de puntos de venda nos que se outorgaban vales, trocábeis por cromos, ao se adquiriren as mercadorías. Foi así como as imaxes do barroco, dos ríos, mallas e romarías, románico, enseadas, cadoiros e manifestacións relixiosas populares encheron bazares, tendas de ultramarinos, drogarías, florarías e tendas de calzado de Ferrol, Vigo, Ourense, Celanova, Verín, O Carballiño, Compostela, Pontevedra, Tui, Baiona, Vilagarcía, Lugo, Ponteareas, Bueu ou Cangas, mostrando a identidade galega cunha potencia xamais desenvolvida. Cos mesmos negativos empregados para obter estes cromos, Studios Ksado S.L. imprimiu pequenas estampiñas con fasquía de selos de correo que, colados nos envíos postais, propagaban a imaxe do país alén das súas fronteiras, asuntos que a barbarie franquista foi quen de xugular no ano 1936.
Paralelamente a este traballo editorial proprio, colaborou en diversos proxectos de natureza cultural ou turística, como eran as guías. Cando en 1945 Otero Pedrayo publicou a Guía de Santiago de Compostela, é Ksado quen acompaña os textos con doce imaxes da catedral, san Martiño Pinario, San Domingos de Bonaval, monumento a San Francisco, colexiata de Sar e rúas ou paisaxes da cidade. Quince anos máis tarde, de novo achegará a parte gráfica de Galicia, guía espiritual de una tierra, con texto de José María Castroviejo, un volume de máis de seiscentas páxinas, no que participa con case unha cincuentena de profisionais como Ángel Blanco, Marqués de Santa María del Villar, Ocaña, Llanos, Pacheco, Villar e outros. A estas intervencións poderíanse sumar infinidade de folletos como Ángeles de Compostela (1940), ao pé do poema de Gerardo Diego, Santiago de Compostela (ca. 1925), con dibujos de Enrique Mayer, Las catedrales gallegas (1950) ou Los puertos nacionales de pesca en España (1928), en colaboración con Sarabia e Pacheco.
Ao carón destas prácticas áchase o seu desempeño expositivo, do que se deben subliñar dúas características. En primeiro termo, a amplitude de cidades que tiveron ocasión, ao longo de máis de catro décadas, de ollar a súa obra: Avellaneda, nos locais do Centro Galego de Avellaneda; Pontecesures, na Feira do Automóbil de Ocasión; Bilbao, Caracas, Bos Aires, Vigo, Mondariz —no Gran Hotel—, Sevilla, Madrid —onde obtén o primeiro premio no concurso estatal—, Colonia, Pontevedra, Compostela, Lugo, A Habana ou Montevideo, entre outras muitas. En segundo, o avultado número de fotografías presentes nas súas exposicións, nas que un número de cen ou duascentas imaxes aparece como normal, chegando mesmo a sinalarse o seu proxecto de presentar dúas mil imaxes na exposición do Centro Galego de Cuba. As características case míticas, xa sinaladas, que arrodearon o seu labor chegan a fornecer dados sensacionais, como o que asegura que Ksado realizara a fotografía número un millón e medio
(sic) en agosto de 1962, encanto catro meses despois, levaba contabilizadas un (sic) millón
. Os medios de comunicación, nomeadamente os escritos, contribuíron a avolumar a súa figura, con cualificacións que o definían como xenial
, mestre
, mago
, afamado
ou decano de la fotografía
, bruxo da luz
ou
único
e salientaban o seu papel como o grande fotografo galego, insuperábel en todos os ámbitos. O seu prestixio e a importancia social atinxida fican palpábeis no feito de que cando o xornal madrileño El Mundo publicar un suplemento dedicado a Galicia e, particularmente, a Compostela, os retratos que reproduce son os do cardeal Martin de Herrera, o alcalde Máximo de la Riva, o catedrático Deulofeu, o propietario do hotel Moderno, Ildefonso Tristán, e o de Luís Casado. En todo o caso, é innegábel o seu impacto en xornais e revistas, galegas e estatais, como mostra a súa colaboración con, entre outros, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, La Temporada de Mondariz, ABC, Blanco y Negro, Ondas, Urbe, La Esfera, Crónica, Nuevo Mundo, Orbis, La Mañana, Arquitectura, La Libertad, Oasis ou Estampa.
No seu incansábel labor tampouco non se debe esquecer o traballo de dinamización fotográfica desenvolvido ao longo de medio século. Á presidencia, xa nomeada, da Agrupación Fotográfica Compostelana, débense engadir os actos organizados por esta, como son a I Exposición Nacional de Fotografía, en 1963, ou os Salóns Nacionais e Ibéricos de Fotografía, onde no ano 1966 —I Salón Ibérico— a representación portuguesa encabeza as tabelas de premios. Dun punto de vista persoal cómpre subliñar a convocatoria, xa en 1923, dunha exposición fotográfica para afeccionados, responsabilizándose el mesmo de positivar as placas que lle fosen enviadas; a organización, en 1944, como representante de Agfa, dunha exposición de fotografía a cores, que contará ademais con proxeccións e conferencias sobre fotografía ou a idea da creación, en 1963, dun Museo Fotográfico, baseado na existencia de coleccións —como a do presbítero José Limia Rodríguez— ou na práctica real de fotógrafos notábeis e no ofrecemento do alcalde Ángel Porto dunha parte do edificio de San Martiño Pinario.
En xaneiro de 1969, a imprensa anunciaba que Ksado ía ser operado dunha hernia. Apenas cinco meses despois, no mes de xuño, dábase a coñecer a noticia de o fotógrafo experimentar unha notábel melloría na doenza que viña sufrindo desde había meses, probabelmente a primeira información, aínda que encoberta, da enfermidade que acabaría coa súa vida. En agosto sabíase por fin que o urólogo Fidel Taboada lle tiraba, no sanatorio Puente Castro, un tumor, o cal daba xa unha idea precisa da natureza do mal. Despois de abandonar a actividade fotográfica por culpa da doenza canceríxena, o día 1 de febreiro de 1972, Luis Ksado falecía en Compostela, sendo enterrado no cemiterio de Boisaca. Os profisionais e afeccionados á fotografía celebraban un funeral en honra do defunto coa certeza de constataren a perda dun dos grandes profisionais do seu tempo e, con toda seguranza, quen con maior afán dedicara a súa vida a fotografar o país que decidirá adoptar como o seu.
Fontes documentais
Rexistro Civil de Santiago de Compostela, tomo 00194, páxina 125, sección Defuncións.
Rexistro Civil de Ávila, tomo 2017, folio 100, sección 1ª.
Bibliografía
Iglesias Castelao, Carlos (2018): «Luis Casado en Ourense», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 42 (2018), 38-49.
Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (ano 1927)
Boletin Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1924)
El Compostelano (1920)
El Correo Gallego (1904, 1944, 1952, 1957)
Diario de Galicia (1917)
El Eco de Santiago (1927)
Faro de Vigo (1915, 1921)
Hojas Jacobeas (1920)
La Noche (1962, 1963, 1966)Galicia (1922, 1923, 1924)
El Noroeste (1926)
El Pueblo Gallego (1926, 1944, 1961, 1962, 1969, 1972)
La Temporada en Mondariz (1924)
Vida Gallega (1915, 1917, 1926, 1928)
La Zarpa (1925, 1929, 1930)
Como citar: Vaqueiro, Vítor : Luis Ksado. Publicado o 8/11/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=5337. Recuperado o 22/03/2023

DOCUMENTACIÓN DE
Portada da Guía de Santiago de Compostela de Ramón Otero Pedrayo, con fotografías de Ksado
Otero Pedrayo, Ramón: Guía de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, 1943.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Prólogo de Salvador Cabeza de León a Estampas compostelanas de Ksado
Cabeza de León, Salvador: «Compostela». En Ksado:Estampas compostelana. Galicia : Ksado , 1927 [Madrid: Gráficas Villarroca]; 5-7.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
As fotografías de Ksado sobre a Feira do Automóbil de Pontecesures ilustran un artigo de Victoriano García Martí en La Esfera
García Martí, Victoriano: «Novedades galaicas: la feira del automóvil», La Esfera, Madrid, 602 (18 de xullo de 1925), 24.
Fonte: Hemeroteca Digital. BNE
https://hemerotecadigital.bne.es/hd/es/viewer?id=40e4cb57-0060-4508-a0bf-1df701c44ff0&page=24 [Descarga: 2022-11-03]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Carlos Castelao analiza a estadía de Ksado en Ourense
Iglesias Castelao, Carlos: «Luis Casado en Ourense», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 42 (2018), 38-49.
Fonte: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=4858258 [Descarga: 2022-11-04]
Ksado en Compostela, por Carlos Castelao. 2008
Iglesias Castelao, Carlos: «Ksado. Santiago de Compostela», Cartófila, Barcelona, 28 (decembro de 2008)
Fonte: https://www.academia.edu/38365251/Ksado_Santiago_de_Compostela [Desgarga: 2022-11-04]
Biografía de Luis Ksado na Gran enciclopedia galega Silverio Cañada, escrita por Antonio Fraguas
Fraguas Fraguas, Antonio: «Casado Fernández, Luis», Gran enciclopedia galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; VIII, 104-105.
Fobnte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
O fotógrafo na revista madrileña Estampa. 1928
Palacios, Antonio: «La ciudad del Apóstol», Estampa, Madrid, 30 (24 de xullo de 1928), 22.
Fonte: Hemeroteca Digital. BNE..
https://hemerotecadigital.bne.es/hd/es/card?sid=3296471 [Descarga: 2022-11-04]
Kasado figura na relación de socios do SEG co traballo «Aportazón fotográfica á catalogazón de moimentos», lido o 10 de xuño de 1926
«Lista de socios ingresados e traballos lidos no Seminario deica mo 1ªde xaneiro do 1928», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, 1 (1927), p. 271.
Fonte: Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Descarga: 2022-11-07]
Exposición fotográfica de Ksado no Centro Galego de Avellaneda. 1924
Reboredo Isla, Luis G.: «Paisajes y monumentos gallegos: exposición de fotografías artísticas», Boletín Oficial del Centro Gallego, Avellaneda, 221 (outubro 1924), 31-32.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do?id=577325 [Descarga: 2022-11-07]
Retrato de Ksado nunha páxina de Vida Gallega. 1920
«Luis Ksado...», Vida gallega, 142 (25 de marzo de 1920-), 18.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3983
Ligazóns de interese
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
As estampas de Vigo de Ksado
Rolland, Eduardo: «Las estampas de Vigo de 1929 del fotógrafo Ksado», vigoe.com, (27 de novembro de 2021)
Fonte: https://www.vigoe.es/vigo/mas-vigo/las-estampas-de-vigo-de-1929-del-fotografo-ksado/ [Consulta: 2022-11-03]
O fotógrafo nun artigo de Eduardo Rolland publicado en GCiencia: xornalismo + diculgación
Rolland, Eduardo: «Ksado, o fotógrafo das Estampas de Galicia de 1936», gciencia.com, (9 de febreiro de 2019)
Fonte: https://www.gciencia.com/historias-gc/ksado-fotografo-estampas-de-galicia-de-1936/ [Consulta: 2022-11-04]
Kasado no DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: https://dbe.rah.es/biografias/51540/luis-casado-fernandez [Consulta: 2022-11-03]
Ksado en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta_aut/registro.do?control=BDGA20181317674 [Consulta: 2022-11-04]
Fotografías de Ksado no Museo de Pontevedra
Fonte: Deputación de Pontevedra.
https://atopo.depo.gal/ [Consulta: 2022-11-03]
Entrada biográfica de Luis Ksado na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lu%C3%ADs_Casado [Consutal: 2022-11-03]
Videos
A creatividade artística no obra do fotógrafo Ksado, conferencia de Carlos Castelao. Museo do Pobo Galego, 20 de marzo de 2018
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=AFb2Vv51hyI&ab_channel=PilarAymara [Consulta: 2022-11-04]