Juan Compañel
Santiago de Compostela (A Coruña), 14/ 1/1829 - La Catalina (Matanzas, Cuba), 1/11/1897Autoría: Xurxo Martínez González
Xornalista e impresor do Rexurdimento
Situada no recanto entre a praza de Fonseca e a rúa da Raíña atopamos, contra 1830, a libraría e imprenta do ferrolán Francisco Luís Compañel. Apenas dous anos despois falecería. A súa dona, Jacoba Rivas, asumiu o control de todo o negocio, malia que durante anos a investigación adxudicase a Jacobo Souto este posto.
Jacoba, ademais de dirixir a imprenta
Viuda e Hijos de Compañel(con novo enderezo na rúa da Acibechería) tamén asumiu o coidado e educación dos cinco fillos. Juan Compañel foi o terceiro.
Formado no seminario compostelán, asistente ás cátedras da Real Sociedad Económicas de Amigos del País de Santiago de Compostela, alumno das materias de Filosofía, Xurisprudencia e Historia Natural na USC (sen que rematase ningunha), Juan Compañel chuchará dende pícaro o leite da tinta e sentirá o aroma do papel. O seu futuro pasaba polas máquinas impresoras.
Con toda probabilidade, Juan participou ou testemuñou a impresión de distintas publicacións nese período fértil do provincialismo político-cultural da década de 1840. Sobre todo impórtanos destacar El Porvenir, de Antolín Faraldo, quen entón ocupaba un posto público realmente notable entre a sociedade coetánea.
O abril de lume e ferro, en palabras de Manuel María, debeu causar igual impacto na súa conciencia, tal e como Murguía ten descrito en artigos posteriores. O Goberno galego, declarado insubmiso a Madrid, imprimiu o seu voceiro La Revolución no obradoiro dos Compañel. E de novo Faraldo entraba e saía daquel despacho de papel revolucionario.
O negocio familiar non prosperou, malia que Joaquín Compañel (irmán máis vello) se responsabilizase da delegación aberta en Ourense. A partir de 1851 non coñecemos máis impresos da
Viúda de Compañel; é dicir, de Jacoba Rivas. E un ano antes Juan liscara a Madrid. Porén, Jacoba mantería aberto un despacho de libros varios anos máis.
Juan Compañel, nun artigo autobiográfico, explicou que as razóns económicas obrigárono a emigrar. Os primeiros anos de estadía na capital española son aínda un tanto descoñecidos. José Antonio Durán asegurou que, grazas á mediación de Eduardo Chao (líder do republicano Partido Demócrata e persoa de gran poder sociopolítico), entrou nos talleres da poderosa editorial Gaspar i Roig.
Pola contra, si podemos certificar que a primeira imprenta a cargo de Compañel (aínda que non en propiedade) tivo data de 1855. De entre as publicacións cómpre subliñar dúas: La Razón, dirixida polo emerxente líder republicano Pi i Margall, e mais El Eco de la Clase Obrera, primeiro xornal abertamente obreirista no Estado español. Ademais, Compañel imprimirá o manifesto dos traballadores que en Barcelona declararan a Folga Xeral e acudirán ao Parlamento español para reclamar os dereitos proletarios. Véxase, logo, o círculo ideolóxico polo que roldaba Juan Compañel.
É así que o grupo republicano e progresista de Vigo, agrupado arredor dos Chao, deciden intervir na esfera pública para contrarrestar a aparición do conservador Faro de Vigo (1853). Co apoio dun Goberno afín lanza en xaneiro de 1856 La Oliva. Periódico de Galicia. A dirección asumiuna o xefe dos progresistas locais, José Ramón Fernández (cuñado dos Chao), e tamén a propiedade da imprenta. Pero precisaban un técnico da materia. Velaí a razón da chegada de Juan Compañel a Vigo (coa precisa axuda de Alejandro e Eduardo Chao) para abrir local na histórica rúa Real.
No Nadal de 1856 Compañel pasa a ser o novo director de La Oliva, que tiña a Manuel Murguía como director da sección cultural e a Alejandro Chao como redactor-xefe. Mais o retorno dos conservadores ao poder central (vencida a resistencia progresista, na cal participa Juan como miliciano) supuxo unha persecución para o periódico vigués. Da inicial censura pasouse ao decreto sumarísimo de peche en abril de 1857.
Porén, como era propio daquela, a redacción crea outro periódico coa mesma liña editorial: El Miño. Todo por Galicia, Todo para Galicia. O subtítulo xa o di todo. Porque Compañel implicouse de cheo no Rexurdimento, e non só como editor e impresor. Por exemplo, no xornal deuse prioridade a autores galegos e aos textos en galego; promoveuse a publicación por entregas de material vencellado a Galicia; participou como xurado nos Xogos Florais de Pontevedra en 1861; escribiu defendendo os intereses galegos… Léase o prólogo ao Álbum de El Miño (1858) para comprender esa proxección. E reparése que todo escritor nomeado do Rexurdimento escribe nestas páxinas.
El Miño non se librou da persecución. Censura, multas e até prisión para Compañel. Mais a imprenta seguía funcionando, grazas ao apoio económico do xefe progresista José Ramón Fernández e dende 1863 cuñado seu. Así é: Juan Compañel casa nese ano con Emilia Chao cando José Ramón Fernández xa vivía casado con Concepción Chao. Ambas as mulleres eran irmás de Eduardo e Alejandro.
Se Compañel gañou a pulso o privilexio de ser lembrado no Rexurdimento é pola actividade impresora. Do obradoiro da rúa Real saíron La hija del mar (1859), A mi madre (1863) e Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro; La primera luz (1859) e Diccionario de escritores gallegos (1862), de Manuel Murguía. Entre outros papeis que quedaron sobre a mesa, sen ter visto a luz, atopamos edicións do malogrado José Rodríguez Seoane sobre Sarmiento, Afonso X e un intento de gramática histórica da lingua galega. En 1864 estábase preparando o poemario fundacional do vate Eduardo Pondal pero por algún motivo frustrouse.
Juan Compañel integrouse na burguesía viguesa. Aparece en 1862 como accionista fundador da papeleira La Cristina, situada na zona de Barreiro (Cabral-Vigo) á beira do río Lagares, nun edificio aínda en pé pero sen sinalización nin información.
A situación económica foi a peor. En 1867 e 1868 é denunciado por impagos. Pero a sorte estaba de cara posto que A Gloriosa (1868) devolvía ao poder aos progresistas e abría as portas á futura República de 1873. Co triunfo revolucionario, Compañel tomou unha simbólica decisión: El Miño pasou a chamarse La Oliva pero mantendo a numeración, como mostra da continuidade e pervivencia dun só proxecto xornalístico ao servizo de Galicia, do progresismo e da república.
A chegada de Eduardo Chao ao Ministerio de Fomento propiciou o nomeamento do seu cuñado Juan Compañel como delegado na provincia de Ourense. Así é como lle pon fin á actividade impresora en Vigo. As máquinas comprounas Miguel Fernández Dios para sacar o primeiro diario da historia galega, La Concordia.
A caída da República, mediante os esbravexados asaltos de cabalos no Parlamento español con militares fusil en man (porque ambas as repúblicas españolas chegaron mediante a democracia popular e foron depostas polas armas do exército), provocou o éxodo de varios republicanos. Juan Compañel marcha a Cuba, onde se atopará con Alejandro Chao, entón dono da imprenta e libraría La Propaganda Literaria.
Das primeiras decisións que coñecemos de Compañel na illa caribeña foi o préstamo (el, quen sobrevivira grazas á xenerosidade dos progresistas vigueses) a Alejandro para adquirir un moi bo local para La Propaganda Literaria. Estamos en 1876. Desta marca editorial sairán anos despois Follas novas de Rosalía e o xornal La Ilustración Gallega y Asturiana, so dirección de Murguía.
En 1879 localizámolo en Cárdenas, cidade do norte próxima á Habana. No nadal dese ano resultou electo presidente da Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia; dous anos despois, secretario da mesma institución. Na directiva tamén aparece Andrés Marcelino Cisneros, o autor da única fotografía que coñecemos de Juan Compañel, realizada en Vigo no ano 1857.
Un ano despois, en 1880, é nomeado en comisión como administrador da Oficina de Correos de Cienfuegos (o seu irmán Joaquín ocupara un alto cargo de Correos). Pero non abandona a vida periodística. En 1879 funda e dirixe o Diario de Cárdenas e tres anos despois, en 1882, fai o mesmo con La Lealtad de Cienfuegos (órgano do Partido Unión Constitucional); e finalmente, na cidade de Colón, crea La Unión. Todos de tendencia unionista, contraria á independencia de Cuba e opositora dos mambís liderados por José Martí.
Nos seus últimos anos visita Vigo e Galicia en varias ocasións. Nunha delas coincide coa morte de Francisco Añón. El asiste canda Manuel Murguía, entre outros, ao humilde enterro do poeta rexurdimentista.
No mes de santos de 1897, cando ocupaba o cargo de secretario de La Catalina (provincia de Matanzas), morre. Os seus fillos Juan e Francisco Compañel Chao manterán o compromiso coa terra por medio de responsabilidades no Centro Galego da Habana. En Vigo, en 1922, o xornal Galicia de Valentín Paz Andrade anunciaba a morte de Emilia Chao, a viúva.
Finalmente, na primavera de 2022 descubriuse a citada fotografía de Juan Compañel no arquivo dos descendentes de Alejandro Chao. Unha descuberta non exenta de controversia por parte de quen considera que o retratado é Benito Vicetto. Mais conforme os datos expostos por nós mesmos e recollidos na reportaxe de Carolina Sertal publicada en Faro de Vigo (19 e 28-IV-2022), sostemos a identidade de Compañel sen dúbida ningunha. E así poñémoslle rostro ao impresor central do Rexurdimento.
Bibliografía
Barreiro Fernández, Xosé Ramón e Antonio Odriozola (1992): Historia de la imprenta en Galicia. A Coruña: Biblioteca Gallega.
Durán, José Antonio (2000): Murguía, 1833-1923. Madrid: Taller de Ediciones J. A. Durán.
Ferreiro, Manuel (1991): Pondal. Do dandismo á loucura. Santiago de Compostela: Laiovento.
Martínez González, Xurxo (2012): «Juan Compañel Rivas (1829-1897). Alén do editor do Rexurdimento», Grial, 195 (xullo, agosto, setembro), 106-177.
Martínez González, Xurxo (2014): «Juan Compañel Rivas. Un editor con conciencia de Galiza». En Rosalía de Castro no século XII. Unha nova ollada. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; 435-448.
Martínez González, Xurxo (2018): «A estirpe dos Chao no Rexurdimento», Glaucopis, 23:349-370.
Soto Freire, Manuel (1998): La imprenta en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Varela-Orol, C. (2021): «La librería compostelana de Francisco Compañel y Jacoba Rivas», Cuadernos de Ilustración y Romanticismo, 27:535-559.
Como citar: Martínez González, Xurxo : Juan Compañel. Publicado o 23/5/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=906. Recuperado o 05/06/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Artigos publicados en El Miño, baixo o epígrafe «Galicia», cos que Juan Compañel polemizou co Diario da Coruña sobre o ferrocarril Palencia-Vigo. 26 de setembro de 1857 a 27 de febreiro de 1861
Compañel, Juan: «Galicia», El Miño: periódico de Galicia, comercial, industrial, literario y de noticias, 45 (26 de setembro de 1857), 3-4; 343 (1 de agosto de 1860), 1; 391 (16 de xaneiro de 1861), 2; 365 (30 de xaneiro de 1861), 2; 396 (2 de febreiro de 1861), 1; 401 (20 de febreiro de 1861), 1; 393 (23 de febreiro de 1861), 1; 403 (27 de febreiro de 1861), 2-
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3932 [Descarga: 2023-05-09]
Primeira plana de El Miño dedicada á inauguración das obras do ferrocarril compostelán. O artigo está asinado por Juan Compañel
Compañel, Juan: «A las inauguraciones de los trabajos de construcción del ferro-carril compostelano y de los trabajos de esplotación de la gran fábrica de papel contínuo La Cristina», El Miño: periódico de Galicia, comercial, industrial, literario y de noticias, 518 (2 de marzo de 1862), 1.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3932 [Descarga: 2023-05-09]
Algúns artigos publicados en El Miño, baixo o epígrafe «Galicia», cos que Juan Compañel polemizou co Diario da Coruña sobre o ferrocarril Palencia-Vigo. Marzo de 1961
Compañel, Juan: «Galicia», El Miño: periódico de Galicia, comercial, industrial, literario y de noticias, 404 (2 de marzo de 1861) 2-3; 405 (6 de marzo de 1861) 2-3; 406 (9 de marzo de 1861) 1-3; 407 (13 de marzo 1861) 1-3;
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3932 [Descarga: 2023-05-09]
Prólogo de Juan Compañel a El Álbum de El Miño
Compañel, Juan: «Prólogo». En El Album de El Miño: colección de artículos literarios, historia, biografías, novelas, poesías. Vigo: [s.n.], 1858 (establecimiento tipográfico de J. Compañel).
Fonte: Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Reportaxe sobre a fotografía de Juan Compañel feita por Andrés Cisneros e atopada no álbum fotográfico da familia Chao
Sertal, Carolina: «O rostro de Juan Compañel: historiadores vigueses descobren a única fotografia coñecida do editor e impresor chave do Rexurdimento», Faro de Vigo, (martes, 10 de abril de 2022), 10-11.
Fonte: Faro de Vigo
Narciso de Miguel escribe sobre a obra de Murguía A primeira luz, editada en 1859 por Juan Compañel e en 1868 por Soto Freire
Gabriel, Narciso de: «A primeira luz escolar do galeguismo», Follas Novas: revista de estudos rosalianos, 7 (2022), 88-103.
Fonte: Follas Novas: revista de estudos rosalianos. Fundación Rosalía de Castro.
https://follasnovas.rosalia.gal/revista/numero-7/ [Descarga: 2023-05-06]
Artigo de Concha Varela-Orol sobre a Librería Compostelana de Francisco Compañel e Jacoba Rivas
Varela-Orol, C. (2021): «La librería compostelana de Francisco Compañel y Jacoba Rivas», Cuadernos de Ilustración y Romanticismo, 27 (2021) 535-559. Accesible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8199858
Fonte: Dialnet. Universidad de la Rioja
https://dialnet.unirioja.es/
Biografía de Juan Compañel, por Santiago Díaz Lage
Díaz Lage, Santiago: «Semblanza de Juan Compañel Rivas (1829-1897)». En Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes - Portal Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI), 2018. Accesible en: http://www.cervantesvirtual.com/obra/juan-companel-rivas-santiago-de- compostela-1829-la-catalina-cuba-1897-semblanza-889023/
Fonte: www.cervantesvirtual.com
Estudo de Xurxo González sobre a estirpe dos Chao, o Rexurdimento e a súa importancia na historia local de Vigo
Martínez González, Xurxo: «A estirpe dos Chao no Rexurdimento», Glaucopis, 23 (2018), 355-369.
Fonte: Glaucopis. Instituto de Estudios Vigueses.
O xornal La Oliva como ponte entre as xeracións de Manuel Murguía e Antolín Faraldo
Martínez González, Xurxo: «La Oliva. A ponte entre dúas xeracións», Madrygal, 18 n.º especial (2015), 469-479.
Fonte: Dialnet. Universidad de La Riejo.
https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/48570/45374 [Descarga: 2022-08-31]
Artigo de Xurxo Martínez sobre Compañel na revista Grial
Martínez González, Xurxo: «Juan Compañel Rivas (1829-1897). Alén do editor do Rexurdimento», Grial, 195 (xullo, agosto, setembro de 2012), 106-177.
Fonte: Hemeroteca da revista Grial. Editorial Galaxia.
O progresismo provincialista galego a través de La Oliva é estudado por Xusto Beramendi neste artigo
Beramendi, Justo: «O progresismo provincialista galego a través de La Oliva (1856-1857)». En X. L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane, Ramón Villares, (ed.): A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico; A Coruña: Real Academia Galega, 2008; 497-521.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Real Academia Galega.
Antonio Odriozola escribe a entrada da familia de impresores e libreiros Compañel
Odriozola, Antonio: «Compañel». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. X: Ces-Conc. Lugo: El progreso, DL 2003; 220-221.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Juan Compañel e o xornal La Oliva no ensaio bibliográfico de Manuel Soto Freire La imprenta en Galicia
Soto Freire, Manuel: La imprenta en Galicia: ensayo bibliográfico / introducción, revisión do texto e notas de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, 1998.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Información sobre o falecemento de Juan Compañel en La Catalina en novembro de 1897
Orense, Fernando: «Cartas gallegas desde Vigo. Diciembre 18, 1897», El eco de Galicia: revista semanal de ciencias, arte y literatura, 811 (8 de xaneiro de 1898) 2.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000283487
A familia de impresores Compañel no Diccionario de escritores gallegos de Manuel Murguía
Murguía, Manuel: Diccionario de escritores gallegos / estudo preliminar e edición Ignacio Cabano Vázquez. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Promoción Cultural, 1999; 25, 26, 28, 29, 30.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Ligazóns de interese
«Compañel ou Vicetto?», tribuna de Enrique Monteagudo na páxina web da Real Academia Galega a propósito da identificación da fotografía feita por Andrés Cisneros en 1857
Monteagudo, Henrique: «Tribuna: Compañel ou Vicetto?», academia.gal, (27 de abril de 2022).
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/-/compa-c3-b1el-ou-vicetto-1 [Consulta: 2023-05-12]
Artigo en vigoe.es sobre a imprenta viguesa de Compañel
Hernández Soto, Gonzalo: «Juan Compañel y la imprenta viguesa de Rosalía y Murguía», www.vigoe.e, (11 de marzo de 2018)
Fonte: https://www.vigoe.es/vigo/mas-vigo/juan-companel-y-la-imprenta-viguesa-de-rosalia-y-murguia/ [Consulta: 2023-05-06]
Pioneiros da edición en Vigo en Brétemas, blog de Manuel Bragado
Fonte: https://bretemas.gal/pioneiros-da-edicion-en-vigo/ [Consulta: 2023-05-08]
Acceso á tese de doutoramento La Oliva (1856-1857): un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento, de Xurxo Martínez González
Martínez González, Xurxo: La Oliva (1856-1857): un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento. Tese de doutoramento dirixida por Gonzalo Navaza e lida na Universidade de Vigo en xuño de 2015.
Fonte: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/418 [Consulta: 2023-01-18]
http://hdl.handle.net/11093/418
Precisións sobre a localización da imprenta de Juan Compañel en Vigo, no blog O marmurio das ondas
Martínez González, Xurxo: «A imprenta de Juan Compañel Rivas en Vigo. Unha corrección Histórica», Faro de Vigo, (6 de setembro de 2012). Recollido en O marmurio das ondas, (3 de decembro de 2012)
Fonte: https://omarmuriodasondas.wordpress.com/2012/12/03/a-imprenta-de-juan-companel-rivas-en-vigo-unha-correccion-historica/ [Consulta: 2023-05-09]
Acceso a El Miño: periódico de Galicia, comercial, industrial, literario y de noticias (1857-1868) en Galiciana
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/registro.do?id=3932 [Consulta: 2023-05-09]
Documental sobre Cantares Galegos de Rosalía de Castro, no que se recolle a súa publicación por Juan Compañel
Fonte: Televisión de Galicia.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cantares-gallegos-1 [Consulta: 2023-05-08]
Juan Compañel en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia
Biografía de Juan Compañel na páxina da Biblioteca Pública de Vigo, que leva o nome do editor do Rexurdimento
Martínez González, Xurxo: «Juan Compañel, editor do Rexurdimento», en https://bibliotecas.xunta.gal/vigo/gl/juan-companel-editor-do-rexurdimento.
Fonte: Rede de Bibliotecas de Galicia. Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.
https://bibliotecas.xunta.gal/vigo/gl/juan-companel-editor-do-rexurdimento [Consulta: 2023-05-06]
O deseñador Pepe Barro compara os logotipos de El Miño e La Oliva
Fonte: DAG: Asociación Galega de Deseño.
https://dag.gal/gl/bailar-co-mais-feo/ [Consulta: 2023-05-09]
A imprenta
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.Viúda e hijos de Compañelen Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
http://biblioteca.galiciana.gal/ccpbg/gl/consulta_aut/registro.cmd?control=BDGA20180002489 [Consulta: 2023-06-10]
Entrada biográfica de Juan Compañel na Wikipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Juan_Compa%C3%B1el [Consulta: 2023-05-10]
Carta de Rosalía de Castro a Manuel Murguía na que a escritora menciona a Juan Compañel
Fonte: Proxecto Epístolas. Fondo Rosalía de Castro. Consello da Cultura Galega.
Videos
A relevancia de Vigo no Rexurdimento, charla impartida por Xurxo Martínez González en marzo de 2015
Fonte: youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=gH4vO7gHs7Q [Consulta: 2023-05-10]
Mesa redonda: O mundo editorial da época. Rosalía de Castro no século XXI, 25 de abril de 2013
Fonte: Consello da Cultura Galega
https://www.youtube.com/watch?v=7Z2pWnjtXvc [Consulta: 2023-05-12] Documental sobre Cantares Galegos de Rosalía de Castro, no que se recolle a súa publicación por Juan Compañel
Fonte: Televisión de Galicia.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cantares-gallegos-1 [Consulta: 2023-05-08]